HomeEn profundidadeO pantonés Iván Fernández, gañador dun premio xornalístico da Sociedade Española de...

O pantonés Iván Fernández, gañador dun premio xornalístico da Sociedade Española de Neumoloxía e Ciruxía Torácica

Comezou estudando economía, e coa idea de facer publicidade chega a xornalismo, atopando aquí a súa vocación. Rematada a carreira traballou na redacción de medios de comunicación como El plural, Cadena Ser, El Diario... Na actualidade traballa como Responsable de Comunicación en FACME (Federación de Asociaciones Científico Médicas Españolas).

Publicado o

POR
Segredos de Pantón
- Advertisement -

Chegaran os dezaoito anos, o coche do avó, un seat panda vermello, agardaba na cocheira. Calor abafador, propio do verán do concello de Pantón, que se apouvigaba nas augas do río Miño, no seu paso pola contorna. Noite de esmorga, conxuro de sons a desoras.

Así podería resumirse parte dos veráns que nos relata o noso entrevistado, Iván Fernández Enríquez.

Para dar comezo, cóntanos un pouco sobre o teu nexo co noso concello de Pantón.

Nacín no ano 1993 na cidade de Madrid. Sen embargo, meus pais, xunto aos meus dous irmáns, naceron no concello do Mosteiro das Bernardas. A miña familia materna, concretamente é da parroquia de Eiré, en Ferreiroá. Por outra banda, o meu fogar paterno é natural da pequena parroquia de Deade, no lugar de O Pacio. Lugares que frecuentaba visitar nas vacacións escolares.

Estiveches vivindo tamén en Deade non? Como foi o cambio da cidade á aldea?

Pois atopábame nunha etapa da miña vida que me apetecía un cambio o cal me levou a cursar o bacharelato no instituto monfortino do IES A Pinguela, establecéndome na casa dos meus avós paternos. Quizais unha idea de prolongar máis as vivencias do último verán, cos amigos e amigas de Pantón. Foron novas experiencias, moi positivas, un acougo da barafunda da cidade.

Dedícaste actualmente ao xornalismo, pero que te motivou a elo?

Finalizada a etapa de bacharelato, comecei os estudos na Coruña, no grao de economía. Neste primeiro ano, a morriña pola cidade madrileña e o desabor na universidade fai que emprenda un novo camiño. Instalado de novo en Madrid, coa idea de cursar o grado en publicidade, logro entrar na carreira de periodismo –que previamente seleccionara como segunda opción–. Foi nesta última, a través da colaboración en reportaxes no periódico da facultade, na sección de Madrid, onde descubro a paixón e o espertar pola mesma, o potenciar a miña vocación. As horas pasábanme voando…

Entendo que actualmente o xornalismo presenta pouca empregabilidade, cóntanos como foi o camiño tras acabar os estudos universitarios?

Rematados os estudos universitarios realicei os estudos postuniversitarios, un mestrado. Alén da pouca empregabilidade no xornalismo, pronto me incorporei no mundo laboral na redacción en El plural, Cadena Ser, El Diario, etc., primeiro partindo de becas laborais, por suposto. Agora mesmo traballo como Responsable de Comunicación en FACME (Federación de Asociaciones Científico Médicas Españolas).

Foi traballando para onde estás agora que conseguiches un recente premio, non si?

Neste ano 2023, recibín o primeiro premio por parte da Sociedade Española de Neumoloxía e Ciruxía Torácica (SEPAR), pola reportaxe “Todos los hospitales terciarios deben tener una UCRI de alta complejidad”, un recoñecemento periodístico que recollín no 56º Congreso Nacional da sociedade que se celebrou en Granada.

E agora Iván, cóntanos que é para ti Pantón

Pois Pantón é parte de min, desde o día que nacín, camiño sempre con Pantón no corazón, a familia, amigas/os, veciños/as o que me agarda sempre. Vaia onde vaia, terei presente o meu concello, que forma parte da miña historia.

Moitas grazas de novo Iván, un auténtico pracer o desta conversa. Desfruta do teu Pantón.

ÚLTIMAS

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...