HomesociedadeInaugurada a 23ª edición da Mostra Artelemos

Inaugurada a 23ª edición da Mostra Artelemos

A mostra celebrarase na rúa Cardenal de Monforte de Lemos ata o 9 de agosto servindo de anticipo das Festas Patronais da cidade. O certame contará con 30 participantes e durará 6 días.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, inaugurou o venres 4 de agosto a XXIII Mostra de artesanía Artelemos 2023. A continuación houbo unha actuación musical do Grupo Municipal de Gaitas e Danza do Concello de Monforte e unha visita polos postos na que Prada estivo acompañada por outros membros do Equipo de Goberno e da Corporación municipal.

Esta mostra celebrarase na rúa Cardenal de Monforte de Lemos ata o 9 de agosto e convértese, como cada ano, na antesala das Festas Patronais da cidade, dentro do Programa Cultural de Verán do Concello.

En Artelemos 2023 participan de 30 profesionais da artesanía, que son 7 máis que en 2022, o número máis alto de participantes dos últimos anos, procedentes da comarca de Lemos, así coma outros puntos de Galicia e de España.

O certame deste ano durará seis días, un día máis do habitual, decisión que se tomou ante o éxito das vendas e o interese dos artesáns de alongar a presenza dos postos na concorrida rúa monfortina. O Concello aposta especialmente por unha Mostra de artesanía que recuperada no Nadal do ano 2015, tras anos de ausencia, dende que desaparecera a Fundación Comarcal Terra de Lemos, que a organizou entre os anos 1996 e 2011. Dende o ano 2015, Artelemos celebrase tódolos anos cun aumento progresivo de participantes e artesáns que avalan este tipo de eventos.

O horario durante os 6 días que durará a XXIII Mostra Artelemos será, pola mañá, de 10 a 14 horas, e pola tarde de 18 a 22 horas.

O programa completo está na web do Concello de Monforte e inclúe demostracións, que se desenvolverán de 12 a 14 horas, e de 19 a 21 horas.

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...