HomesociedadeEn marcha a mellora do último tramo da estrada de Pedrafita a...

En marcha a mellora do último tramo da estrada de Pedrafita a Seoane

A Deputación de Lugo iniciou as obras de ensanche do último tramo da estrada provincial que conecta Pedrafita do Cebreiro e Seoane do Courel, a LU-P-1301, nas que inviste 275.000€ e que servirán para completar a mellora desta vía tan importante para as comunicacións da Montaña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos consisten no desmonte das marxes da vía entre os puntos quilométricos 7,350 e 8,670, un novo afirmado para conseguir unha plataforma de entre 5,10 e 5,50 metros de ancho, actuacións de drenaxe, pavimentación e sinalización horizontal e vertical. Colocaranse tamén novas balizas de neve, paneis direccionais e novos tramos de barreira metálica de seguridade. Na actualidade, este tramo conta cun ancho de trazado de 4 metros, polo que estas actuacións servirán para ampliar considerablemente a superficie de circulación da vía, mellorando a seguridade e comodidade das persoas usuarias.

A empresa encargada das obras é Vazper 3 SL e o prazo de execución dos traballos é de 6 meses. Tendo en conta que estas actuacións se realizan na súa totalidade nunha zona que pertence á Rede Natura 2000 dos Ancares, buscouse que o proxecto tivera un impacto medioambiental mínimo.

Con esta obra, a Deputación leva investido 1M€ para acondicionar os 6 quilómetros que faltaban para completar a mellora da vía. Nese sentido, actuou no tramo comprendido entre os quilómetros 10,700 e o 12,591 cun orzamento de 245.000€; e dedicou outros 300.000€ para o treito que vai do punto 8,670 ao 10,700.

ÚLTIMAS

Preséntaselle aos concellos o proxecto Turembalses para potenciar o turismo de encoros

“Turembalses dotará ao turismo rural do noso territorio dun elemento de diversificación e atractivo,...

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...