HomeDeportesAberto o prazo de inscrición para o Quiroga Trail Challenge Land 2024

Aberto o prazo de inscrición para o Quiroga Trail Challenge Land 2024

O Quiroga Trail Challenge Land estará de décimo aniversario en 2024 e prepara unha interesante edición o 24 e 25 de febreiro para conmemoralo. O prazo de inscrición para esta esixente carreira de montaña abriu este venres, coa chegada do mes de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un ano máis, o Quiroga Trail Challenge, desta volta co apelido ‘Land’, celebrarase en dúas xornadas. O 24 de febreiro terá lugar o Trail do Castelo, coa Ulta, a proba máis dura, que contará cun percorrido de 90 quilómetros. Outras alternativas son a Ultra de 62 quilómetros, a Maratón de 41, o Trail de 29, o Mini Trail de 17 ou a andaina, tamén de 17.

O domingo 25 de febreiro será o momento do Trail do Lor, coa distancia de Trail, con 29 quilómetros, ou o Mini Trail, de 16. Os participantes poden escoller se participar só un día ou se anotarse nun dos circuitos.

Este 1 de setembro quedou aberto o prazo de inscrición a través da web do Quiroga Trail Challenge. Desde a organización sinalan que “Nas últimas semanas foron moitas as persoas que se puxeron en contacto con nós para preguntar cando chegaría o momento de poder inscribirse. Isto demostra que a proba segue un ano máis en plena forma.”

 

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...