HomeDeportesA reforma do Pavillón da Pinguela cumpre os prazos, asegura José Tomé...

A reforma do Pavillón da Pinguela cumpre os prazos, asegura José Tomé na visita ás obras

As obras de reforma do Pavillón Municipal da Pinguela comezaban o 2 de maio, segundo o alcalde, José Tomé, cúmprense os prazos previstos de execución da obra, para finais do mes de setembro, "dando cumprimento ás esixencias da subvención concedida polo Consello Superior de Deportes, que establece que as obras deberán estar finalizadas antes do 30 de setembro de 2023."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polos Concelleiros de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, e de Deportes, José Manuel Mougán, supervisou este mércores a evolución das obras de reforma do Pavillón municipal da Pinguela.

Na visita, José Tomé destacou que “algo máis de 120 días despois do inicio das obras, e con máis dun 70% da obra executada, xa se pode apreciar cal vai a ser a nova imaxe da instalación deportiva. Unha imaxe actual e moderna, na que se reordenan os espazos que permiten crear un novo ximnasio e almacén na planta baixa e aumentar a zona destinada a despachos en 85 m2”.

A adxudicación desta importante obra fíxose por un importe de 3.708.051,62€, o que supuxo un baixa do 3,10% (118.627,03€)  con respecto ó presuposto base de licitación. Foi adxudicada no mes de marzo á UTE Construcciones Castro Figueiró S.L.U.-Xestión Ambiental de Contratas S.L.

A financiación da obra é compartida polo Consello Superior de Deportes, que aportou o 53,52% do orzamento (1.984.462,24€) e o Concello de Monforte que aportou o 46,48% restante (1.723.589,38€).

Actuacións que se están a realizar

Na planta baixa crearase un novo ximnasio, unha zona de almacén e ampliarase a actual zona de despachos. Ademais a escaleira vai a ser substituída por unha nova que libere espazo en recepción. Na planta superior, onde se centra o máis importante da reforma, vaise aumentar o número de gradas para conseguir un aforo acorde ó alto nivel das competicións disputadas, de tal modo que a grada que hai na actualidade amplíase con catro filas máis de gradas, dúas na parte superior e outras dúas na parte inferior e deixando espazos para prazas de persoas con mobilidade reducida.

Crearanse tres gradas máis, tanto no lado oeste, como nas dúas cabeceiras, voando cara ó exterior para mellorar a visibilidade dentro do pavillón e que lle vai conferir unha nova imaxe actual e atractiva. O aumento tanto en número de gradas, como a ampliación da que existe actualmente, permite aumentar o aforo das instalacións en máis do dobre con respecto á actualidade, neste momento temos un aforo de 465 persoas e unha vez rematada a obra estaremos a falar dun total de 1.198 localidades. “Isto permitirá celebrar competicións ó mais alto nivel.”

A sede de oficinas e locais amplíase en 85 m2 máis e dótase dun novo espazo para ximnasio, que actualmente non hai, para que os clubs completen a súa preparación e que terá unha superficie de 131m2.

Renovaranse totalmente os vestiarios, contando con 6 espazos, incluíndo un específico para persoas con mobilidade reducida. Tamén se fará de novo o teito e illado para humidades e temperatura. Unha das partidas mais importantes de toda a reforma correspóndese co epígrafe de climatización, preténdese que sexa máis confortable, máis eficiente e respectuoso co Medio Ambiente.

En canto ó resultado exterior, trala reforma, a fachada actual e os novos volumes, vanse revestir a base de SATE con un zócalo pétreo hasta a altura das ventás e o acceso ó pavillón marcarase mediante un pórche para relacionalo coa piscina anexa. Por outra banda, as zonas redondeadas que completan a fachada, aportaranlle modernidade e actualidade á imaxe do edificio.

ÚLTIMAS

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...

21 de decembro de Petiscos de Nadal en Taboada

A ACIMTA, Asociación de Comerciantes e Industriais do Concello de Taboada vén desenvolvendo no...