HomesociedadePladesapu denuncia inundacións por falta de mantemento no Hospital de Monforte

Pladesapu denuncia inundacións por falta de mantemento no Hospital de Monforte

Segundo a Plataforma en Defensa da Sanidade da Zona Sur de Lugo, as tormentas dos últimos días trouxeron serias consecuencias no hospital, "por non ter un mantemento axeitado das instalacións".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pladesapu asegura que “na madrugada do venres ao sábado, debido á tormenta e ás malas condicións dun tellado que leva anos pendente de ser arranxado, producíronse inundacións nas áreas de maternidade, hospital de día, laboratorio, plantas de hospitalización,…; movilizando a todo o personal para evitar o aumento desas inundacións con sábanas, toallas, fregonas e todo o que atopaban para
que non afectase en moita medida aos pacientes ingresados e aos aparellos.”

Entre as consecuencias máis graves destacan “o traslado de pacientes dunhas habitacións a outras”. Desde a Plataforma, e como persoal e usuarios dos servizos do Hospital, manifestan a súa indignación “coa dirección do Hospital e coa EOXI da que supostamente dependemos, polo pasotismo nun tema que vén de anos; xa que o tellado deste edificio leva pendente de arranxarse moito tempo provocando que cada pouco, ante tormentas importantes volvan aparecer inundacións en moitas das zonas deteriorando o mobiliario e provocando incomodidades aos pacientes.”

A este respecto, resúltalles chamativo que estas inundacións tamén afectaran a zonas de recente modificación, como o servizo de laboratorio , “É vergonzoso que mentres pechan plantas para darlles un lavado de cara, pintando paredes e cambiando o mobiliario; o tellado leve anos sen arranxarse sendo unha das partes máis importantes do edificio, e o Sergas sen facer nada”.

ÚLTIMAS

280.000€ para a mellora da estrada entre Quizán das Peras e Mondín, en Chantada

A Deputación mellorará os máis de 3,7 quilómetros desta vía investindo preto de 280.000€....

600 participantes este sábado no Petrorian Race de Sarria

Hai arredor de 600 participantes inscritos -un tercio deles, mulleres- e todos deberán realizar...

CSIF alerta da falta de persoal na presa Vilasouto e no regadío Val de Lemos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) instou ao Ministerio para a Transición...

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo...