HomesociedadeAdxudicada a obra da Residencia de Maiores da Pobra do Brollón por...

Adxudicada a obra da Residencia de Maiores da Pobra do Brollón por case 2,2M€

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación das obras para a construción do Centro de Atención a Maiores da Pobra do Brollón por un importe de case 2,2M€. As obras terán un prazo de execución de 12 meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o concello sinalan, “Grazas á presión exercida polo equipo de goberno da Pobra do Brollón, a Deputación subiu a dotación orzamentaria, facéndoa atractiva e rendible para as empresas tras a suba xeralizada de prezos de materiais de construción.”

Así o Pleno da Deputación aprobou no mes de marzo unha modificación do convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello da Pobra do Brollón co fin de incrementar a achega económica da institución provincial para construír esta residencia por unha contía de 725.531,21€, distribuídos nas anualidades de 2024 e de 2025.

García Porto lembrou que as dúas empresas que resultaron adxudicatarias anteriormente non cumpriron co contrato asinado, “por iso, vímonos na obriga de volver a licitar as obras, que aprobamos adxudicar na Xunta de Goberno desta mañá, cumprindo desta forma co compromiso firme que sempre manifestamos, co Concello e cos veciños e veciñas, de sacar adiante a residencia da Pobra do Brollón”.

Este Centro de Atención a Maiores, que se situará na Avenida de Outeiro da vila, contará con 36 prazas e na súa contorna disporá de espazos verdes pensados para o desfrute das persoas usuarias.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...