HomeCultura0 13 de outubro comeza en Bóveda un ciclo teatral que achegará...

0 13 de outubro comeza en Bóveda un ciclo teatral que achegará 6 representacións gratuítas

A Concellería de Cultura do Concello de Bóveda, en colaboración con outras entidades asociativas de Bóveda organiza un ciclo de teatro con grupos profesionais e afeccionados, que dará comezo o 13 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda ofrece un outono cargado de propostas teatrais para todos os públicos. As citas desenvolveranse no centro sociocultural. A primeira terá lugar o 13 de outubro ás 15:00. O Grupo Piconús de Lugo porá en escena “Piconús”, un comedia musical familiar. O día 21 de outubro ás 19:00 o Grupo Teatreiras de Monforte interpretará “Inseguridade Social”.

As propostas seguen en novembro. O día 5 ás 19:30, Teatro baixo da area de Lugo representará, “Poeta en Nueva York”. E o venres, 24 de novembro, ás 15:00 terá lugar o contacontos para público familiar, “Estrafalaria”, por conta da Compañía Xarope Tulú.

Este ciclo de teatro completarase con dúas citas máis. O 25 de novembro ás 19:00, o Grupo Hipócrita Teatro de Lugo interpretará a comedia para público adulto, “Casting”. E ciclo pecharase o 29 de decembro ás 18:00 con “Mudanzas”, unha comedia para público familiar por conta do Grupo Ubú Teatro de Lugo.

ÚLTIMAS

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...

O PSOE de Triacastela acusa ao goberno municipal de bloquear o labor de fiscalización da oposición

O Grupo Municipal Socialista de Triacastela acusa ao goberno municipal do PP de bloquear...

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...