HomesociedadeComeza a mellora da estrada provincial do Saviñao que discorre por Valiñocobo

Comeza a mellora da estrada provincial do Saviñao que discorre por Valiñocobo

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora na estrada provincial LU-P-5808, que une a LU-P-3202 coa LU-P-4102 por Valiñocobo, no  concello do Saviñao. Os traballos afectan aos primeiros 5 quilómetros da vía e contan cun investimento de 100.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto, adxudicado á empresa Fevisa Vías y Obras, consiste na reapertura de cunetas, limpando a maleza e o corremento de terras; na reparación do firme das zonas degradadas existentes a consecuencia do paso do tempo e do uso da vía; e, por último, na repavimentación, co que se mellora a seguridade e comodidade dos usuarios e usuarias.

Esta actuación súmase á iniciada recentemente no Saviñao, coa que a Deputación renova o firme da estrada provincial LU-P-5807, que conecta os núcleos de Lamaquebrada con Montecelo, cun investimento de 60.500€. Deste xeito, a institución provincial destina para ambas vías en execución un orzamento total que ascende a 160.000€.

A mellora destas estradas beneficia ao sector turístico e vitivinícola da zona, pasando ademais por parte dela o Camiño de Inverno, así como ao sector gandeiro e agrícola. Son zonas que rexistran un gran volume de tráfico debido aos sectores económicos que abranguen.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...