HomeCultura'Lemos Le' celebra o Día das Bibliotecas

‘Lemos Le’ celebra o Día das Bibliotecas

Farao organizando un xantar de confraternidade o domingo día 22 de outubro no Restaurante Terra Galega a partir das 14:30 horas. A xuntanza contará este ano coa colaboración dos autores Dani Viéitez e Iria Iglesias.

Publicado o

- Advertisement -

O colectivo Lemos Le é un colectivo formado por bibliotecas escolares, bibliotecas públicas municipais (BPM) e a Asociación de Librarías da comarca de Lemos. Forman parte del as seguintes bibliotecas escolares: CEIP A Gándara, CEIP Plurilingüe Monforte, CEE Infanta Elena, Escola Oficial de Idiomas, IES Daviña Rey, IES A Pinguela e IES Río Cabe de Monforte de Lemos, CEIP A Pobra de Brollón, CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón, CEIP P. Virxe do Carme de Sober, CEIP Rosalía de Castro de Bóveda e CPI Dr. López Suárez de O Saviñao. Así como as Biblioteca Públicas Municipais da Pobra de Brollón, Bóveda, O Saviñao e Sober.

Achegándose o Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro, queren conmemorar tan sinalada data organizando un xantar de confraternidade para todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a educación coa intención de reivindicar a importancia do papel das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de información e recursos.

DANI VIÉITEZ E IRIA IGLESIAS COLABORADORES DA XUNTANZA DESTE ANO

O devandito xantar de confraternidade, que significará a novena xuntanza do colectivo, celebrarase o domingo día 22 de outubro no Restaurante Terra Galega a partir das 14:30 horas. Dende ‘Lemos Le’ convidan a participar e animan á asistencia informando que “quen desexe asistir poderá recoller a súa entrada nas Bibliotecas Públicas Municipais de A Pobra de Brollón, Bóveda, Pantón, O Saviñao e Sober ou nas bibliotecas escolares do colectivo, a un prezo de 28 €”.

No que respecta á colaboración literaria deste ano contarase coa presenza de Dani Viéitez e Iria Iglesias, autores e ilustradores residentes no Concello de Pantón que agasallarán aos presentes cun texto para conmemorar o Día das Bibliotecas. A súa colaboración súmase á doutros autores da comarca de Lemos que participaron en pasadas edicións como Olga Novo, Manuel Veiga, Lois Diéguez, Ramón Sandoval, Xabier Quiroga, Alicia Fernández, Flora Enríquez, Noa Moreira, Margarita R. Otero ou Antón Lopo.

ÚLTIMAS

Monforte destina 47.500€ para unha nova pista polideportiva no barrio das Cruces

A nova pista terá unhas dimensións de 30 metros de lonxitude por 18 metros...

Chantada amplía a superficie do Punto Limpo

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para levar a cabo as obras...

O ensino centra as demandas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Monforte de Lemos é a cabeceira dunha comarca cunha rede educativa ampla, que abrangue...

“Cando a propia persoa ou grupo afrontan con éxito a dificultade da súa problemática”, unha das satisfaccións dos Servizos Sociais de Pantón

Para comezar, como defenderiades o rol da educación social dentro do Concello de Pantón....