HomePolíticaRueda recolle as prioridades de Lemos nun encontro en Pantón con representantes...

Rueda recolle as prioridades de Lemos nun encontro en Pantón con representantes do PP

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reuniuse o pasado venres con alcaldes e voceiros da formación nos concellos correspondentes ao partido xudicial de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xuntanza tivo lugar en Pantón co alcalde deste municipio, José Luis Álvarez, como anfitrión. Xunto a el estaban ademais outros oito alcaldes e voceiros de Bóveda, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober, onde estivo posteriormente co autobús de ‘Galicia non para!’.

Todos eles tiveron así a oportunidade de trasladarlle ao líder do PPdeG as prioridades, preocupacións e reivindicacións dos veciños e veciñas desta zona de Galicia que suma preto de 35.000 habitantes. Rueda, pola súa banda, amosou o seu interese por coñecer de preto, e de primeira man, os proxectos de futuro que marcarán o avance da Ribeira Sacra e a súa área de influencia.

O líder dos populares galegos reivindicou neste sentido as certezas que ofrece Galicia, á que definiu como unha “illa” dentro do contexto nacional. Lembrou a aprobación dos orzamentos autonómicos, e que na zona de Lemos, destacan “as partidas de máis de 30 millóns de euros para persoal do hospital de Monforte e de 1 millón de euros para o seu plan director de ampliación. Así mesmo, en materia de infraestruturas sobresae o investimento para a estrada entre Quiroga e Seoane do Courel, unha glorieta en Sober ou sendas peonís e ciclistas como a prevista en Pantón. O Goberno galego, tamén aquí, quere seguir investindo en estabilidade, nas persoas e no futuro”, sinalou Alfonso Rueda.

ÚLTIMAS

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...