HomeMovementos sociaisÉxito de participación na II Carreira contra o Cancro de Monforte

Éxito de participación na II Carreira contra o Cancro de Monforte

Este evento deportivo e solidario celebrouse o pasado domingo 26 de novembro pola mañá nun circuíto urbano de Monforte que contaba con 5 quilómetros. A saída e a chegada tiveron lugar na Praza da Companía e calcúlase que se chegou ás 500 persoas inscritas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A II Carreira e Andaina “Monforte en Marcha contra o Cancro” que se celebrou o 26 de novembro en Monforte tivo unha moi boa participación, calculándose que se puideron chegar ás 500 persoas inscritas. As camisolas feitas para a ocasión, e que se entregaban aos inscritos que achegaban tamén 10 euros para a causa, esgotáronse e houbo xente que correu con outra semellante pero que tiña a organización como sobrantes doutras carreiras solidarias que organizan.

Participaron tamén as Concelleiras de Muller e Igualdade, Margarita López; de Sanidade, Drogodependencias, Tráfico e Mobilidade, Pilar Espinosa; o concelleiro de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz; a Presidenta da Asociación Española Contra o Cancro na provincia de Lugo, María Luz Abella; e membros da corporación municipal na oposición como Emilio Grande, Manuel Luaces –do BNG– e Katy Varela e José Luis –do PP–.

Esta carreira popular e urbana é de carácter benéfico e contou con categorías masculina e feminina cun primeiro, segundo e terceiro premio para cada unha.

Membros da corporación municipal. Foto: Prensa Concello de Monforte.

COLABORACIÓN DO CONCELLO

“Dende o Concello, a través da Concellería de Deportes, colaboramos coa Asociación contra o Cancro no deseño do percorrido desta carreira, no que participaron tanto o Técnico de Deportes como a Policía Local”, recordou a concelleira Margarita López.

Ademais, para o desenvolvemento desta carreira, dende o Concello tamén se proporcionou o servizo de ambulancia, e as vallas necesarias para delimitar o circuito deseñado para a mesma. A Policía Local colaborou no corte e vixiancia do tráfico daquelas rúas polas que transcorriu a carreira: Francisco Moure, Paseo de Lugo, rúa Carude, San Lázaro Reboredo e Dalmiro de la Válgoma.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...