HomePolíticaUnanimidade no Parlamento para demandar ao Goberno de España a execución das...

Unanimidade no Parlamento para demandar ao Goberno de España a execución das variantes ferroviarias dos Peares e Rubián

O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou este martes a proposición non de lei do Grupo Popular pola que se demanda ao Goberno de España a execución das variantes ferroviarias dos Peares e Rubián, “básicas para que o AVE poida chegar a Lugo, tanto á cidade como á provincia”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O autor da iniciativa, José Manuel Balseiro, lembrou que son “infraestruturas proxectadas no seu momento polo Goberno de Mariano Rajoy e hoxe suprimidas polo Goberno de Pedro Sánchez”. Sen estas variantes, o actual trazado ferroviario non permite que ningún tren AVE poida circular pola provincia.

O acordo final tamén reclama que se dote a Galicia, con carácter de urxencia, de como mínimo sete trens AVRIL; e que faga unha aposta real e decidida pola conexión por AVE con Portugal. O portavoz popular de Infraestruturas, José Manuel Balseiro, situou como  “unha prioridade de país” a extensión e chegada do AVE “a toda Galicia”.

“Pero a aposta pola alta velocidade non pode implicar desatender os servizos ferroviarios convencionais”, reclamou José Manuel Balseiro, para o que considera fundamental recuperar as frecuencias suprimidas tras a pandemia, “situación especialmente lesiva para a comarca de Lemos ou no relativo á liña Feve da costa norte, as máis prexudicadas. É necesario investir na modernización das instalacións, dos trens e dos equipos rodantes; ampliar a oferta de prazas; e contar co persoal cualificado necesario para a demanda existente”.

ÚLTIMAS

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...