Homesociedade'SonChistorias': o novo espectáculo de Xan Veiga que chega a Monforte

‘SonChistorias’: o novo espectáculo de Xan Veiga que chega a Monforte

Unha posta en escena que terá lugar o vindeixo xoves 4 de xaneiro ás 20:00 h. na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte. Xan Veiga é un coñecido humorista e contador de historias de Arzúa que leva 30 anos enriba dos escenarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Chega a Monforte o novo espectáculo de Xan Veiga, un show que leva por título ‘SonChistorias’ e que foi estreado en setembro de 2023 no FIOT de Carballo.

Neste show, que produce e representa Hermanager Producións, estará de xira durante o 2024, o humorista de Arzúa fai unha ‘autohomenaxe’ a 30 anos de traxectoria enriba dos escenarios contando chistes e historias con humor inxenuo e moita retranca.

‘SONCHISTORIAS’

Con humor “do noso” e unha perspectiva única, Xan mergúllase nun mar de situacións incribles, dende desventuras absurdas ata malentendidos hilarantes ou encontros inesperados.

Historias milenarias esfiañadas que son retecidas coas agullas do humor e que se mesturan con chistes contados a modo de historias, levando á audiencia de paseo por unha corredoira chea de xiros e reviravoltas divertidas onde o real e o imaxinario únense de tal xeito que son difíciles de diferenciar.

Cartel do espectáculo. Autor: Borja Doel.

XAN VEIGA

Xan Veiga é humorista, monologuista, conta chistes, conta contos, ventrílocuo, actor, presentador… e non necesariamente nesa orde.

Participou en concursos de televisión tanto a nivel nacional (“No te rías que es peor” en TVE) como a nivel autonómico (“Supermartes” na TVG) e deuse a coñecer pola súa faceta de conta chistes no programa en directo máis antigo da televisión española (“Luar” – TVG). Neste último foi colaborador durante sete anos.

Fixo de co-presentador no programa “Contando Estrelas” (TVG), foi un dos escollidos para a elaboración da cabeceira do programa “Buscando Estrelas” (TVG), oficia vodas de xeito informal e humorístico e exerce como presentador sempre que lle reclaman os seus servizos. Na súa Arzúa natal presenta dende hai uns anos o coñecido Concurso de Disfraces que se fai en datas previas ao entroido.

Como contador de historias e de chistes leva 30 anos enriba dos escenarios percorrendo a xeografía galega.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...