HomeComarca de ChantadaChantadaDeclarado de utilidade pública o polígono agroforestal de Sabadelle en Chantada

Declarado de utilidade pública o polígono agroforestal de Sabadelle en Chantada

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores o decreto da declaración, que implica a existencia de razóns de interese público ao aplicar a tramitación de urxencia do procedemento.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural declarou de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de Sabadelle, no concello lucense de Chantada, que permitirá pór en valor 38,68 hectáreas de terreo, distribuídas en 114 parcelas de 80 propietarios.

Segundo informou a Xunta, isto polígonos teñen como obxectivo pór en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva, que co paso do tempo están en abandono ou infrautilización.

Ademais, buscan mellorar a estrutura territorial de explotacións xa existente ou comezar novas iniciativas produtivas, así como o desenvolvemento de áreas que, independentemente da súa capacidade produtiva, teñen especiais valores ambientais, patrimoniais ou paisaxísticos e nas que os procesos de abandono deterióranos.

En canto ao polígono de Sabadelle, a zona na que se atopa está delimitada na área de actuación de varias indicacións xeográficas protexidas, formando parte da Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra.

Ademais, segundo detallou o Executivo galego, hai moita demanda de terreos na zona de actuación para mellorar a estrutura territorial de explotacións xa existentes ou para comezar novas iniciativas produtivas vinculadas á gandaría en extensivo.

Na actualidade hai 29 polígonos agroforestais en Galicia, en diferentes fases de execución, enmarcados na lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que supoñen remarcar máis de 9.300 hectáreas distribuídas en 30.120 parcelas propiedade de 8.320 veciños.

ÚLTIMAS

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...