HomesociedadeActividades de 'envellecemento activo' en Bóveda

Actividades de ‘envellecemento activo’ en Bóveda

O concello vén de presentar dous talleres, un de ximnasia e outro de memoria. Serán de balde e nas parroquias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda pon en marcha o Programa de Envellecemento Activo para o ano 2024 con actividades gratuítas de memoria e ximnasia en locais sociais de diferentes parroquias.

O comezo das actividades para a xente maior está programado para a primeira semana de febreiro e estenderanse ata o mes de maio. Para anotarse cómpre chamar ao teléfono 982 42 60 06.

Segundo indican dende o concello, “os lugares elixidos son aqueles que conten cun mínimo de 10 persoas para levarse a cabo as actividades. Se nalgún outro lugar se forma un grupo con este número de persoas, poden poñerse en contacto co Concello para ver a posibilidade de estender as actividades a novos lugares e parroquias”.

Aquí a planificación cos lugares iniciais para facer os talleres.

ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...