HomeCulturaO 1 de febreiro celébrase o Xoves de Compadres

O 1 de febreiro celébrase o Xoves de Compadres

Despois de que esta fin de semana comezase o Entroido Ribeirao, o xoves, 1 de febreiro, terá lugar o xoves de compadres que se celebrará en concellos como Pantón, Sober, A Pobra do Bollón ou Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para a celebración de Monforte, as persoas interesadas en participar no Xoves de Compadres teñen ata o 31 de xaneiro ás 2 da tarde o prazo aberto para inscribirse no concurso. O prazo para anotarse no Xoves de Comadres, rematará o 7 de febreiro, celebrándose o mesmo o día 8.

Para o concurso do Xoves de Compadres, a Concellería de Cultura de Monforte ten previstas tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursará na Praza de España o propio xoves, día 1.

Os criterios que seguirá o xurado para determinar os gañadores terán en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social. Cómpre destacar que cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación. Os premios para cada unha das convocatorias son os seguintes, tendo unha partida máxima de 1.900,00€:

Individuais 1º premio: 75 euros 2º premio: 50 euros Accésit: 25 eurosColectivos 1º premio: 120 euros 2º premio: 95 euros Accésit: 50 eurosOutros premios -Premio á etnografía: 125 euros -Premio á crítica social: 125 euros

O xoves 1 de febreiro, desenvolverase o concurso de Compadres, nas distintas categorías descritas. A partir das 17:30 h., na praza de España de Monforte terá lugar a concentración de Compadres, a comunicación dos gañadores e gañadoras co concurso, e a queima dos monecos do Compadre oficial.

ÚLTIMAS

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...

“Cuando el Camio Mata” do escritor berciano, Pepe Gómez Sandes, preséntase este venres en Sarria

Sarria acolle este venres, 23 de outubro, a presentación de «Cuando el Camino Mata»,...

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...