HomesociedadeÉxito total de participación no Desfile de Entroido de Pantón

Éxito total de participación no Desfile de Entroido de Pantón

Foi este sábado 17 de febreiro e contou con arredor de 1200 persoas que formaban parte das comparsas participantes. Destacar, entre elas, "A pantera de Pantón", comparsa que aludía a un sucedido que deu que falar no concello meses atrás.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Concello de Pantón acollía na súa capitalidade, Ferreira, o desfile de Entroido que pecha estes eventos na Ribeira Sacra. A concentración de comparsas fíxose ás 15:30 h. e ás 16:00 h. empezaban a baixar dende a parte alta da vila en dirección á Praza do Concello todas elas amosando as sús creacións e animando a rúa, para goce do público asistente.

Moitas das carrozas e comparsas xa pasaron por outros desfiles da contorna e chegaban a Pantón aproveitando que esta convocatoria queda fóra das datas centrais do entroido, domingo e martes de entroido, podendo así asistir e sumar unha participación máis con posibilidade de premio.

Segundo fontes do concello, a participación puido chegar ás 1200 persoas, e as comparsas foron sobre 35 chegadas de concellos como Monforte, Chantada, Sober, O Saviñao e Luíntra. Éxito total un ano máis cun final de festa na Praza do Concello ambientado pola música dunha charanga e co agasallo de lambetadas para toda a cativada e chocolate con bica para todos, participantes das comparsas e público asistente.

Ambiente na Praza (Entroido 2024). Foto: XMF

As diferentes comparsas estiveron a gran nivel, con algunhas moi orixinais e moi traballadas, destando outras pola súa retranca como foi a local “A pantera de Pantón”. Representouse o sucedido do mes de novembro do pasado ano no que se especulaba con que unha panteira andaba solta polo concello. O tema deu moito que falar entre a veciñanza, e a nivel de Galicia incluso, pero non se puido constatar a existencia do felino. Como curiosidade sinalar que membros desta comparsa intentaron atrapar ao alcalde cunha rede ao paso desta pola praza.

Intentando atrapar ao alcalde de Pantón. Foto: XMF.
PREMIOS PARA COMPARSAS DE ADULTOS

GRUPO A, comparsas de 10 ou máis compoñentes:

1-Terra verde sen Plástico.

2-Os espantallos de Torre.

Os Espantallos de Torre. Foto: XMF.

3-Lorairo.

Comparsa ‘Lorairo’ de Luintra. Foto: XMF.

GRUPO B, comparsas de 5 a 9 compoñentes:

1-A pantera de Pantón.

A Pantera de Pantón. Foto: XMF.

2-Open Ribeira Sacra.

3-As donas da fervenza.

GRUPO C, comparsas de 1 a 4 compoñentes:

1-Macario e Roque.

2-As donas das follas douradas.

3-Os títeres infantís.

PREMIOS PARA COMPARSAS INFANTÍS

GRUPO A, comparsas de 10 ou máis compoñentes:

1-Astérix e Obélix perdidos en Exipto.

2-Os papagándaros.

3-Mama Mía, vaia tolería.

GRUPO B, comparsas de 5 a 9 compoñentes:

1-As fregoas de Pantón.

As fregoas de Pantón. Foto: XMF

2-O Mario Bross conquista a Ribeira Sacra.

3-Os Vikingos de Escairón.

GRUPO C, comparsas de 1 a 4 compoñentes.

1-Astronauta chegando a Pantón.

2-Novia a la fuga.

3-O Tren dos paiasos.

O Tren dos Paiasos. Foto: XMF.
CEA E FESTA DE DISFRACES

A partir das 21:30 h. o Colexio Monte Baliño acollía unha cea con festa de disfraces. Cea á que asisten aqueles que reservaron previamente, música para ambientar o evento e premios para os 3 mellores disfraces.

ALGUNHAS FOTOS CURIOSAS DO DESFILE
Comparsa Barbie. Foto: XMF.
Comparsa ‘Encaixas?’. Foto: XMF.
Comparsa ‘Terra verde sen plástico. Foto: XMF.
Comparsa Orquesta Original. Foto: XMF.
Comparsa ‘Orquesta Original’. Foto: XMF.
Troncomóbil. Foto: XMF.
Comparsa ‘Ecos del Rocío’ de Xograres de Lemos. Foto: XMF.
Sobernirs do mundo. Foto: XMF.

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...