As cifras de recollida de residuos en 2023 son mellores que en 2022, polo que dende o Concello agradecen á veciñanza a súa concienciación e colaboración, “están contribuíndo decisivamente a facer do Concello unha cidade máis limpa á vez que contribúen á protección e mellora do medio ambiente”.
Por colectores e tipo de residuos recollidos, as cifras aportadas dende a Concellería de Medio Ambiente e dende a empresa que xestiona a recollida de residuos, son as seguintes:
-Pilas: A recollida de pilas e baterías, residuo altamente perigoso para o medio ambiente, foi o residuo que máis aumentou, un 1.894% máis que en 2022, pasando das 185 kg. en 2022 a 3.689 kg en 2023, 3.504 kg máis recollidos.
-Recollida de mobles, electrodomésticos e enseres domésticos: O servizo de porta a porta facilitado polo Concello no 901101390;
- Mobles de madeira: pasouse de recoller 49.875 kg en 2022 a 240.842 kg en 2023, un 383% máis, 190.967 kg máis.
- Plásticos duros: son aqueles produtos de plástico que non son envases, como poden ser xoguetes, cubos, e todo tipo de obxectos de plástico. Neste caso, o incremento é do 523%, pasando de recollerse 6.360 kg en 2022 a 39.601 kg en 2023, 34 toneladas máis.
- Electrodomésticos e aparellos eléctricos (RAEES), a subida tamén é moi salientable: 310.169 kg recollidos en 2023, fronte ós 37.983 kg. de 2022, 272.186 kg máis, o que supón un 716% de incremento.
- Residuos voluminosos: son os residuos que engloban a sofás, somieres, colchóns, etc. Neles, o incremento alcanza o 1.049% máis, pasado de 46.190 kg recollidos en 2022, ós 530.732 kg recollidos en 2023, que son 485 toneladas máis.
-Roupa: a recollida deste tipo de residuos supera significativamente as cifras do pasado ano, con 28,02 toneladas en 2022 fronte ás 46,50 tm en 2023, un 66% máis con 18,48 tm máis. E son cifras que melloran con moito as do ano 2020, no que se recolleron 2,83 toneladas, e no 2021, con 7,75 tm.
-Aceite doméstico: a recollida deste tipo de residuos é mellor en 2023 que en 2022, con 6.088 kg fronte 5.115 kg, un 19% máis, con 973 kg máis recollidos.
-Colector azul: no que se poden depositar todo tipo de produtos de papel: revistas, follas, xornais, caixas de cartón, envoltorios… Neste colector aumentou a recollida, alcanzando un 6% con respecto ó ano anterior (2022: 323,56 toneladas, e en 2023: 344,40 toneladas).
-Colector amarelo: é o que recolle os envases de plástico, como botellas de auga, briks de zume ou leite, latas de refresco, conservas, etc. En 2023, recolléronse 199,25 toneladas, en 2022 foron 194,95 tm., é dicir, un 2,2% máis, 4,3 tm máis.
-Contedor verde-Cubo negro: o colector destinado á recollida da chamada “fracción resto” correspondente a residuos urbanos, as cifras son similares nos tres últimos anos, con 6.803,90 en 2021, 6.631,72 tm en 2022 e 6.759,52 tm en 2023.
-Iglú verde: o destinado ós envases de vidro, tales como botellas ou tarros. Neste colector as cifras son similares ás de 2022, recolléndose ese ano 292,96 tm., e en 2023, 274,96 tm.
-Plásticos Agrícolas: Recollida que organiza o concello entre maio e xuño. Deste xeito, a recollida de plásticos agrícolas foi en 2023 de 9.000 kg, fronte ós 10.000 en 2022 ou os 8.960 kg en 2021.
Táboa resumo da comparativa 2022-2023
Fracción (en kg) | Ano 2022 | Ano 2023 | % respecto ó ano anterior |
Fracción Resto | 6.631.724 | 6.759.528 | +2 % |
Papel | 323.560 | 344.402 | +6 % |
Vidrio | 292.960 | 274.960 | -6 % |
Envases | 194.950 | 199.250 | +2,2 % |
Roupa | 28.020 | 46.505 | +66 % |
Aceite doméstico | 5.115 | 6.088 | +19 % |
Pilas | 185 | 3.689 | +1.894 % |
Plásticos agrícolas | 10.000 | 9.000 | -10 % |
Recollida porta a porta: Residuos voluminososRAEESPlásticos durosMobles de madeira | 46.190 272.186 6.360 49.875 | 530.732 310.169 39.601 240.842 | +1.049 % +716 % +523 % +383% |
Posta en marcha do Plan de recollida de Residuos orgánicos
Dende o Concello, implantouse en 2023 o Plan de recollida de residuos orgánico do municipio, que abarca a xestión deste residuo no eido rural, a través do reparto de composteiros, na zona periurbana da periferia de Monforte, coa instalación de colectores marróns específicos; nos grandes produtores, que son supermercados, restaurantes, centros educativos e sanitarios, nos que o Concello distribuíu colectores de diferentes tamaños, segundo as súas necesidades; e a recollida no centro urbano a través do sistema de cubeo, cun cubo marrón específico para este resíduo.
O plan tamén inclúe o reparto de material informativo, accións de buzoneo, de carpas informativas en rúa, de anuncios e cuñas en medios de comunicación, así como o reparto de 2.500 caldeiros de 40 litros, que se están a repartir entre os cidadáns interesados neste Plan.
Un plan que conta cun investimento inicial de 340.000€ e que está financiado polo Concello de Monforte e pola Unión Europea, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.