HomePolíticaPP e IGV lamentan que a mellora da N-540 non remate ata...

PP e IGV lamentan que a mellora da N-540 non remate ata 2027

Desde IGV lémbranlle á Deputación de Lugo a obriga dun correcto mantemento das estradas da súa titularidade, "xa que a comarca de Chantada é a zona cero da fochanca da provincia de Lugo con estradas totalmente desfeitas e inzadas de buracos. Temos demandado o arranxo das estradas provinciais e nunca tivemos resposta". A este respecto tamén piden implicación do PP, que "tentou monopolizar e usurpar as mobilizacións viciñais sobre a N-540 e faría ben en dar exemplo arranxando as numerosas vías locais que se encontran tamén nun estado completamente intransitábel".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Partido Popular considera insuficiente o anuncio da adxudicación das obras de rehabilitación do firme da estrada N-540 tendo en conta que se dilata tres anos o remate das actuacións para a mellora da vía toda vez que o prazo de execución é de 38 meses desde o seu inicio previsto para outubro do 2024.

Deste xeito, dende o PP critican “o triunfalismo” exhibido esta semana polo delegado do Goberno, cando “é coñecedor e, por tanto, permitidor de que os seu presidente condene aos lucenses a convivir tres anos coa principal vía de conexión con Ourense e o AVE, ao que é imposible achegarse polas fochancas que rebentan rodas, palieres, amortiguadores, faros ou lunas”.

Pola súa banda Interior Galego Vivo considera “escandaloso e unha falta de respeito ao interior galego que dado o calamitoso estado da N-540 se actúe tan tarde e tan mal”. Consideran que a cantidade orzamentada é insuficiente para dotar da N-540 dun firme á altura da vía. “Resulta surrealista que non se licitaran as actuacións con carácter de urxencia e, no mellor dos casos, non comezará o investimento e as obras ata o 2025 .

Interior Galego Vivo apelaba a procurar solucións, que non poden prolongar o actual estado máis dun ano. “Non chegan 10 millóns para ampliar a N-540 cun aglomerado acorde á tonelaxe e ao tránsito da estrada; con redución de curvas nos piores tramos e carrís de adiantamento en todo momento cando menos nun sentido; e, como proposta de futuro deberíase facer unha intervención para a vertebración territorial real, que atendese tamén ao reto demográfico cunha mellora e ampliación incorpore un tren en paralelo que mellore a conectivade das comarcas”.

ÚLTIMAS

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...

“Cuando el Camio Mata” do escritor berciano, Pepe Gómez Sandes, preséntase este venres en Sarria

Sarria acolle este venres, 23 de outubro, a presentación de «Cuando el Camino Mata»,...

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...