HomesociedadeEste venres ás 20:00h abren os postos da Feira do Viño de...

Este venres ás 20:00h abren os postos da Feira do Viño de Chantada

Nesta edición, como novidade, a entrega de premios da cata oficial farase despois da lectura do pregón, que correrá por conta da escritora, Fina Casalderrey ás 13:00h. do domingo. E previo ao pregón, ás 12:30, Queiman e Pousa presentará en Chantada por primeira vez, un novo espectáculo de homenaxe aos/as viticultores/as, “De pura Cepa”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A XLI Feira do viño de Chantada, que se celebra desde o 8 ao 10 de marzo, contará con dúas catas, a cata popular que se celebrará o sábado na carpa principal, en horario de 17:30h. a 19:00h e a cata oficial que terá lugar o sábado na adega Castrofiz.

A recollida de mostras para a cata oficial realizarase este venres, 8 de marzo, antes da apertura oficial da Feira. Nesta edición participan 15 adegas: Adegas Amedo, Adega Castrofiz, Adegas Condado de Sequeiras, Adegas Pincelo, Adega Os Cipreses, Albarduxe, Adegas Sta. María de Nogueira, Cabo do Mundo, Calexotes, Enonatur, Instinto Romano, Pilares de Belesar, Adegas e Viñedos Lareu, Vía Romana Adegas e Viñedos e Adega Alouviño.

A cata, que organiza a Concellería de Cultura e Eventos de Chantada coa coordinación de Bruno Lovelle Fernández (Sumiller Vinosacra.es), celebrarase o sábado, 9 de marzo, a porta pechada, en horario de 10:30h a 14:00h. A adega Castrofiz, unha das participantes na Feira acollerá a cata oficial. Despois da iniciativa deste ano, espérase seguir en próximas edicións coa formulación de que cada ano a cata oficial celébrese nunha adega distinta.

Na cata participarán os viños elaborados por adegas rexistradas no rexistro da D.O. Ribeira Sacra da Subzona de Chantada que se atopen en fase de comercialización. Os viños que se presenten á cata oficial deberán estar presentes e á venda en cada unha das casetas da adega correspondente ao longo dos días da “XLI Feira do Viño de Chantada”.

O panel de cata estará formado por 8 expertos en análise sensorial, que comezarán valorando os viños novos para concluír cos viños envellecidos. Os mellores viños desta edición recibirán os seguintes recoñecementos:

  • Medalla Vide Gran Ouro
  • Medalla Vide de Ouro
  • Medalla Vide de Prata

“Este ano introducimos novidades, facemos a cata oficial nunha das adegas participantes, a entrega de premios adiantámola para facela coincidir co pregón; e seguimos con propostas xa consolidadas como o Túnel do Viño que chega á IV edición. Lembrarlle á xente que para comer contarase con varios postos na contorna da Feira e se queren viño deberán de recollelo nos postos das diferentes adegas”, explica Manuel Diéguez, concelleiro de Cultura, Novas Tecnoloxías, Innovación e Desenvolvemento.

Turismo na Feira do Viño de Chantada

A XLI Feira do Viño de Chantada contará, como en edicións anteriores, cunha caseta da Oficina de Turismo de Chantada. O servizo de atención turística do Concello de Chantada sitúase na casa da cultura que durante esta fin de semana permanecerá pechada. Entre tanto, contarase na carpa da Feira coa caseta de turismo onde atopar toda a información para gozar da Feira do Viño e do municipio.

O horario da caseta de turismo será o seguinte:

  • Sábado, 9 de marzo de 12:00 a 15:00h. e de 16:00 a 20:00h.
  • Domingo, 10 de marzo, de 11.30 a 15:00h. e de 16:00 a 18:00h.

ÚLTIMAS

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...