HomesociedadeCurso de 'alquimia herbal' en Torbeo, Ribas de Sil

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Será os días 22, 23 e 24 de marzo e nel farase un achegamento ao arte de elaborar medicinas a partir de plantas mediante procesos alquímicos, tamén coñecido como 'espagiria'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira fin de semana (días 22, 23 e 24 de marzo) un obradoiro de ‘espagiria’ en Torbeo, no Concello de Ribas de Sil. Nel ofrécese un achegamento a esta técnica de elaborar medicinas a partir de plantas mediante procesos alquímicos, procedementos, segundo informan os organizadores, que “inclúen a destilación e a extracción de compoñentes minerais das cinzas das plantas”.

PROGRAMA

O Curso de Espagiria está programado para os días 22, 23 e 24 marzo e será impartido por Joshua Simon (alquimista-naturopata).

Venres 22: bases teóricas e filosóficas da Alquimia e a Espagiria. Explicación dos métodos de destilacion que utilizo (Erlenmeyer, cafeteira, Soxhlet). Farase unha parada a media tarde.

Sábado 23: Será de 9:00 a 14:00 h. pola mañá e de 16:00 a 20:00 pola tarde. Empezase con destilacións co Erlenmeyer, despois a cafeteira, despois o Soxhlet. Pola tarde haberá un paseo de recoñecemento de plantas medicinais e testarase a súa enerxía sutil.

Domingo 24: Horario a seguir de 9:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h. Continuarase con destilacións e prepararanse as sales filosóficas para ir rematando os elixires. Temas a tratar: Caixa de primeiros auxilios de plantas medicinais, emprego dos elixires en terapéutica., bases da Medicina Natural e ‘Doutrina das Signaturas’.

Para inscribirse cómpre contactar con Carol no teléfono 641713728.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...