HomeMedio ambiente e PatrimonioO Xeoparque Montañas do Courel acollerá un interesante simposio sobre ensino da...

O Xeoparque Montañas do Courel acollerá un interesante simposio sobre ensino da xeoloxía

Trátase do "XXII Simposio sobre la enseñanza de la Geología" que terá lugar entre os vindeiros días 8 e 13 de xullo de 2024. Tal interese esperta este evento que xa se superaron as 100 inscricións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o Xeoparque Montañas do Courel informaban hai poucos días que superaran as 100 inscricións para a celebración do “XXII Simposio sobre la enseñanza de la Geología”, un encontro que terá lugar do 8 ao 13 de xullo do ano en curso.

Ata este 2024 foron sede desta importante reunón bianual que aborda a ensinanza da xeoloxía cidades como: Madrid, Gijón, Vitoria, Barcelona, Alcalá de Henares, Tenerife, Santiago de Compostela, Córdoba, Logroño, Mallorca, Santander, Girona, Alicante, Aveiro, Guadalajara, Teruel, Huelva, Bilbao, Manresa, Mahón, Guadix. E foi na Asemblea Xeral da AEPECT (Asociación Española Para o Ensino das Ciencias da Terra), celebrada en Guadix en xullo de 2022, onde se decidiu que o XXII Simposio tería lugar en Galicia, sendo a sede definitiva o Xeoparque Montañas do Courel.

Por primeira vez este importante simposio desenvolverase nun entorno rural, o que supón un reto maiúsculo para o Xeoparque no eido loxístico e organizativo, pero ao mesmo tempo un escaparate para amosar, ademais da nosa xeoloxía, historia, cultura, patrimonio e gastronomía, que somos un territorio vivo.

AEPECT, Asociación Española Para o Ensino das Ciencias da Terra

A AEPECT continúa na liña de potenciar os xeoparques, por ser medios que poñen en valor a xeoloxía como motor de desenvolvemento sostible en zonas rurais, como a que nos ocupa, algo que é aínda máis importante neste momento no Courel, se cabe, tendo en conta que está a sufrir as consecuencias dos graves incendios ocorridos durante o verán de 2022.

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel bríndanos a oportunidade de achegarnos, non só a unha Xeoloxía singular, senón a un medio natural, en xeral, e social de enorme interese. De fácil comunicación coa Meseta, porta de entrada histórica a Galicia, unha primeira estación que nos permite iniciarnos no coñecemento da xeoloxía desta parte da Península Ibérica.

OBXECTIVOS DO SIMPOSIO

Os Simposios de Ensino da Xeoloxía buscan ser un período de encontro aberto a todas aquelas persoas que comparten intereses e inquietudes ao redor do ensino e divulgación da Xeoloxía e das Ciencias da Terra. Seguindo o camiño de edicións anteriores, no XXII Simposio sobre Ensino da Xeoloxía fomentarase a participación por medio de charlas e coloquios impartidos por persoas especialistas sobre temas de interese científico e didáctico relativos á Xeoloxía, a presentación de comunicacións que supoñan avances no coñecemento, talleres formativos, mesas redondas, saídas de campo e actividades culturais e lúdicas.

Este encontro propiciará o intercambio de investigacións e experiencias educativas entre o profesorado das Ciencias da Terra en todos os niveis de ensino, contribuirá a establecer relacións profesionais, institucionais e persoais no marco do Ensino das Ciencias da Terra, e facilitará a formación científica e didáctica do profesorado.

AGRADECEMENTOS

Dende o Xeoparque Montañas do Courel aproveitan a ocasión para darlles as grazas á Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra, especialmente a delegación de Galicia, pola súa aposta polo Xeoparque para organizar este importante evento; e tamén á Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, e GDR Ribeira Sacra – Courel polo seu apoio facendo posible que o Xeoparque poida desenvolver de forma satisfactoria este simposio.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...