HomeCulturaConcerto do violonchelista Carlos Vidal, o 14 de abril en Sober

Concerto do violonchelista Carlos Vidal, o 14 de abril en Sober

A actuación, organizada polas Xuventudes Musicais en colaboración do Concello de Sober, forma parte do ciclo "Primavera musical".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O músico, Carlos Vidal, ofrece o domingo, día 14, un concerto de violenchelo en Sober no marco da ‘Primavera musical’ organizada polas Xuventudes Musicais da localidade en colaboración do Concello. Será ás 20:00 horas no Centro Sociocultural con entrada de balde.

Ao longo do programa ‘O violoncelo ao longo do tempo’ explórase a vertente máis minimalista deste instrumento: as obras escritas para ser interpretadas por un solista, sen ningún tipo de acompañamento instrumental. A través da música de compositores de diversa época e procedencia, ofrécese ao espectador unha retrospectiva que pon en contexto a evolución deste repertorio a través dalgúns dos seus fitos históricos.

Carlos Vidal (Valencia, 2004) recibiu clases de violonchelo en Barcelona co profesor Iñaki Etxepare, e continuou os seus estudos de violonchelo entre Valencia e Madrid cos profesores Salvador Bolón, María Casado e Asier Polo. En 2020 obtén praza na Classe de Violoncelle de Jérôme Pernoo no CNSM de París.

Foi galardoado no Concurso Dotzauer (Dresde, Alemaña), o Concurso Internacional Johannes Brahms (Porstchach, Austria), o Concurso Mocidades Musicais de España, o Kodaly Competition (Debrecen, Hungría), ou o premio “Príncipe de Hesse” da Kronberg Academy.

Recibiu clases maxistrais de mestres como Peter Bruns, Claudio Bohórquez, Danjulo Ishizaka, Gary Hoffmann, Frank Helmerson, Julian Steckel e Xavier Gagnepain. e tamén tocou con mestres da talla de Alexander Kobrin, Marco Rizzi, Luca Ranieri ou Philipp Graffin.

Carlos toca cun violonchelo anónimo de 1808 chamado “Sweet” e un arco de Charles Nicolas Bazin fabricado en 1875.

Programa

  • Domenico Gabrielli: 7 Ricercare per violoncello solo
  • Johann Sebastian Bach: Suite nº1 BWV 1007
  • Giuseppe Dall’Abaco: 11 Capricci para violoncello solo
  • Aldredo Piatti: 12 Capricci para violoncello solo op.25
  • Gaspar Cassadó: Suite para violoncello solo
  • Györgi Ligeti: Sonata for cello solo

ÚLTIMAS

Agroma Sober denuncia o estado da vía de Sober a Canaval “a unha semana da Feira do Viño”

A vía provincial Sober- Canaval (LU-P-5901) presenta dende hai anos problemas estruturais de deterioro...

Unanimidade na demanda de rehabilitación urxente da N-540 entre Lugo e Ourense

Mentres as persoas usuarias da N-540 se mobilizan reclamando solucións, o BNG segue coa...

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...