HomePolíticaO BNG de Monforte oponse a calquera recoñecemento local ao actual Duque...

O BNG de Monforte oponse a calquera recoñecemento local ao actual Duque de Alba

O concelleiro nacionalista, Emilio Sánchez, considera que os títulos nobiliarios son anacrónicos e contrarios a unha sociedade igualitaria, xusta e baseada no mérito do traballo. "En ningún caso apoiaremos a honra a unha persoa, polo simple feito de pertencer a unha determinada familia".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos acaba de comunicar a súa intención de outorgar unha distinción ao señor Carlos Fitz-James Stuart y Martínez De Irujo, XXIII Conde de Lemos e XIX Duque de Alba. A este efecto, e debido a que o Concello non conta con regulamento municipal de honras e distincións, convocou un pleno extraordinario o 19 de abril.

O concelleiro nacionalista, Emilio Sánchez, sinala, “Desde o BNG de Monforte preguntámonos cal é o mérito desta persoa para outorgarlle esta distinción máis aló do seu apelido”.

Segundo o BNG, “outorgar distincións baseadas en títulos nobiliarios contradí os principios de igualdade e mérito. A sociedade moderna debería valorar ás persoas polos seus logros, méritos e contribucións, non pola súa herdanza ou status de nacemento. Os títulos nobiliarios adoitan ser hereditarios. Isto perpetúa desigualdades e privilexios baseados na fortuna de nacemento, en lugar dos méritos persoais. Os títulos nobiliarios representan un un sistema de xerarquía que non se aliña cos valores modernos de igualdade e democracia.
Foméntanse desigualdades, cunha sociedade estratificada, onde certas persoas son vistas como inherentemente superiores ás demais, debido á súa liñaxe”.

Desde o BNG propoñen honrar a persoas que o merezan polos seus logros, méritos e contribucións persoais á sociedade. Sería moito máis xusto e acaído facelo en persoas como, por exemplo, “Moncho Díaz, monfortino recentemente falecido, membro destacado do histórico grupo galego Fuxan os Ventos, pola súa contribución ao patrimonio cultural galego e a súa dedicación á promoción e preservación da música tradicional, Lois Pereiro, monfortino e Premio das Letras Galegas 2011, ou a Margarita Rodríguez Otero, concelleira, deputada e investigadora monfortina que representa á perfección os valores aos que facemos referencia”.

ÚLTIMAS

Comeza a organización da XLIV Feira do Viño de Quiroga

Nesta primeira xuntanza púxose en marcha a maquinaria que moverá esta cita de exaltación...

Cortes de tráfico esta fin de semana nas rúas monfortinas Doutor Casares e Doutor Teijeiro para reparacións do firme

No caso da rúa Doutor Teijeiro, o tramo afectado é o comprendido entre o...

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...