HomeCulturaOs libros protagonizan varias actividades en Bóveda

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O Concello de Bóveda celebra o Día do Libro con varias actividades de promoción da lectura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda a Ana Meilán. A escritora lucense encheu de historias o salón de actos con dúas sesións de contacontos; unha delas para os nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro e outra para público en xeral.

O primeiro dos espectáculos foi “Quen vén esta noite?” para o alumnado de Infantil e o segundo “Un universo na túa maleta”.

Ademais, a Biblioteca Pública Municipal organizou a actividade ‘Qué é para ti un libro’ para que quen o desexe poida deixar por escrito nun panel o que significan os libros e levar un agasallo dun libro retirado da colección da Biblioteca, que terá así unha segunda vida e deixará espazo para novas adquisicións.

A Axencia de Lectura Municipal conmemora ao longo de toda a semana o Día do Libro cun agasallo para todos e todas os que se acheguen á Biblioteca e deixen as súas achegas no panel.

Día do libro 2024 / Concello de Bóveda

ÚLTIMAS

FEARS celebra o 12 de decembro en Pantón un foro sobre o futuro da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

No encontro reflexionarase colectivamente sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial e...

A Deputación licita melloras en estradas de Sarria, Láncara e O Saviñao

A Deputación licita un investimento de superior ós 915.000 euros para o arranxo e...

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...

Narración oral e teatro familiar en Bóveda esta fin de semana

Dúas interesantes propostas culturais ocupan a axenda no Concello de Bóveda esta fin de...