HomeMovementos sociaisÉxito no comezo da Comunidade Rural Montes de Saberes

Éxito no comezo da Comunidade Rural Montes de Saberes

Éxito de asistencia e participación na primeira xornada da Comunidade Rural Montes de Saberes, "As Comunidades de Montes como motor de dinamización rural", que se celebraba a pasada semana no Auditorio do Concello do Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Escairón acollía a finais de abril a primeira reunión da Comunidade Rural Montes de Saberes, “As Comunidades de Montes como motor de dinamización rural” dentro do proxecto Comunidades Rurais desenvolvido por Acción contra a Fame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e Fundación MAPFRE.

Dende a organización do evento agradecen o éxito de participación e asistencia a esta primeira xornada onde se expuxeron e analizaron as limitacións e retos que enfrontan as Comunidades de Montes tanto de forma legal, territorial, poboacional coma de recursos.

Os poñentes foron José Manuel Iglesias, da Comunidade de Montes O Carballo (Friol) e representante da empresa Tenzas; Felipe Castro, axente forestal; Daniel Canosa, da Fundación Juana de Vega; Xavier Fontcuberta, da Fundación Roberto Rivas; Guillermo Díaz, de Coureleando, e Franciso J. Domínguez, resineiro, formador e representante da Comunidade de Montes de Tuiriz, os cales deixaron en evidencia todas as potencialidades e oportunidades que teñen as Comunidades de Montes na actualidade. O desenvolvemento e implementación de actividades produtivas nos montes favorecen a fixación poboacional, a xeración de postos de traballo e a profesionalización do rural, incluíndo os sectores forestal, gandeiro, agrícola, tusítico e de servizos.

Comunidad Rural Montes de Saberes encontro O Saviñao / Fundación Acción Contra el Hambre

O obxectivo deste primeiro encontro foi identificar aquelas Comunidades interesadas en xestionar os seus recursos, utilizando o programa de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible como vehículo de acompañamento para a súa execución e desenvolvemento.

Esta Comunidade Rural Montes de Saberes é o inicio dun proxecto colaborativo e participativo de todos os axentes e comuneiros/as interesados/as en fomentar e potenciar a figura da Comunidade de Montes como parte activa do crecemento económico do territorio.

Dende Acción contra el Hambre animan a participar neste grupo recén creado a toda a cidadanía e Comunidades de Montes que queiran aproveitar esta oportunidade para crear sinerxías para traballar polo desenvolvemento do rural.

Para máis información poden acceder ao enlace  www.comunidadesruralesostenibles.org ou escribir a algunha destas direccións: Iniglesias@accioncontraelhambre.org, arandolfe@accioncontraelhambre.org.

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...