HomeCulturaIndóciles: Espectáculo de música, poesía e narración en Monforte

Indóciles: Espectáculo de música, poesía e narración en Monforte

Será este día 10 de maio, dentro da programación das Letras Galegas que organiza o concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dentro da sua programación arredor do día das Letras Galegas, o Concello de Monforte ofrece este venres 10 de maio ás 20:15 no Edificio Multiusos a posta en escena do espectáculo Indóciles; unha posta en escena de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut.

Esta obra é de balde e inclúese dentro do programa de dinamización do galego FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística en colaboración co Concello de Monforte de Lemos.

SINOPSE

Neste espectáculo música, poesía e narración danse a man para achegar ao público a obra de Luísa Villalta no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas. A proposta de Indóciles é tamén provocadora e rebelde, coa narradora oral Vero Rilo, a recitadora Nuria Vil e a música de Mónica de Nut.

Indóciles é un proxecto multidisciplinar que achega ao público a obra de Luísa Villalta, unha autora comprometida e versátil cun legado literario provocador e rebelde. Un espectáculo con narración, poesía e música con toda a forza da figura e obra dunha das máis interesantes poetas galegas.

ÚLTIMAS

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...