HomesociedadeAlmorzos e merendas saudables nos Campamentos de Verán de Chantada

Almorzos e merendas saudables nos Campamentos de Verán de Chantada

O Concello de Chantada desenvolve durante os meses de verán unha completa programación cultural e de lecer para todas as idades. Dentro da programación de lecer para os máis novos durante o mes de xullo desenvólvense os campamentos de verán, nos que este ano participan 250 rapaces/zas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As/os participantes nos campamentos de verán desenvolveron actividades para coñecer o territorio, xincanas pola vila, unha delas en inglés. Tamén practicaron o inglés cun bingo e nun dos talleres. Foron de excursión ao Centro da Terceira Idade, e esta semana visitaron a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer. “Durante este mes organizáronse tamén actividades na piscina, rutas de sendeirismo e talleres variados cunha perspectiva de igualdade”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, que asegura que un ano máis os campamentos están resultando un éxito con propostas variadas que axudan á conciliación.

Nesta ocasión, dentro da programación dos campamentos cóntase cun Obradoiro de Nutrición impartido pola nutricionista local, Belén Argiz, “Pareceunos moi interesante desenvolver este tipo de actividade coas nenas e nenos porque se nalgo fallamos na educación dos/as cativos/as, unha parte importante na que se falla é a alimentación. É fundamental, aínda que sexan nenos/as pequenos/as que poidan ir coñecendo como se fai unha correcta alimentación, que axude á súa saúde e benestar”, asegura o alcalde.

Así durante a pasada semana e esta veuse desenvolvendo o Obradoiro de Nutrición no que os rapaces aprenden sobre unha alimentación saudable, “Quero que os nenos saiban que se pode comer ou almorzar con alimentos que nos ofrezan os elementos necesarios para ter unha boa saúde, fuxindo da bolería ou alimentos procesados”, destaca a monitora da actividade, a nutricionista, Belén Argiz.

A obesidade infantil está á orde do día, o ritmo de vida actual no que todo se fai con presa provoca que non se lle preste a atención necesaria á alimentación, “Os meus talleres son con moitos xogos, con moitos exemplos visuais. A un pequeno se lles estás falando sen ter ningún apoio visual, sen facer ningún xogo, sen actividades de grupo, non se queda con moita cousa. Un dos xogos é sobre o azucre que conteñen os alimentos, explico por exemplo, que nun sobre de Colacao individual de 18 gramos, case 13 son de azucre, case tres terróns de azucre”, explica Belén Argiz.

Durante os talleres explícanse cuestións como a diferenza entre tomar un zume exprimido e a froita enteira ou a diferenza entre graos integrais e consumir un pan branco, un grao refinado. Segundo a nutricionista, para alimentarse ben hai que investigar un pouco e saber ler as etiquetaxes nutricionais, “Alimentarse ben é absolutamente sinxelo, moitas veces intuitivo. O que pasa é que falta aprender a ler a etiquetaxe nutricional, que para unha alimentación saudable é básico.  Non hai nada máis básico que coñecer os ingredientes dos produtos que comemos. Pola contra vivimos tan a correr, con tanta presa por todo, levántate a correr, almorza a correr, vou traballar a correr, fago a comida a correr,… Debería haber tempo para isto, pero non o hai. Falta pararse e dicir: podo mellorar a miña alimentación”.

Belén Argiz insiste en que, “A froita e a verdura a non ser que teñas unha patoloxía que che sente mal algún tipo de froita ou verdura, sempre son marabillosas”.

Ademais das actividades dos campamentos de verán, os máis novos da casa contan cunha variada programación cultural este verán. As seguintes citas serán este martes, 30 de xullo, ás 20:00h na Praza do Cantón co espectáculo infantil “Ciencia Máxica”. O 1 de agosto desde as 18:00h. haberá obradoiro de xogos infantís na Piscina Municipal. E o 3 de agosto a Praza do Cantón acollerá desde as 20:00h. o show infantil de Circo Mentura. As actividades culturais para o público mozo seguirán durante o mes de agosto. Ademais desde o día 6 de agosto, durante todo o mes impartirase o taller de Campamento Dixital para nenos/as de 9 a 13 anos.

Obradoiro nutrición campamentos de verán Chantada / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...