HomeCulturaArtesanía de Galicia na Ribeira Sacra, o 24 de agosto en Cadeiras

Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra, o 24 de agosto en Cadeiras

A Fundación Artesanía de Galicia, en colaboración co Concello de Sober, organiza o próximo 24 de agosto unha nova edición do encontro Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra, co obxectivo de impulsar a comercialización dos produtos da marca Artesanía de Galicia e a difusión dos oficios artesáns. A mostra estará aberta ao público nos pendellos do Santuario de Nosa Señora de Cadeiras desde as 11:00 ata as 21:00 horas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra é un evento de comercialización directa e de divulgación dos oficios artesanais no que van participar 20 obradoiros da marca Artesanía de Galicia.

Ao longo de toda a xornada celebraranse tamén tres obradoiros gratuítos e abertos ao público que se achegue ata os pendellos de Cadeiras, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. A Asociación Galega da Cerámica e outras artesanías A Escola (Gondomar) encargarase dun obradoiro de iniciación ao torno cerámico, no que os asistentes coñecerán as principais características das pezas máis representativas da olería tradicional galega e elaborarán algunhas destas pezas en barro.

Guillermo Silvent, do obradoiro Artesanía Silvent (Caldas de Reis) encargarase dun obradoiro de remates de xoguetes de madeira.

Ademais, os responsables de Peixesapop impartirán un obradoiro de cianotipias, un procedemento fotográfico que emprega papel de acuarela e produtos á luz para obter imaxes en azul prusiano. Unha actuación da Banda de Música de Sober completará o programa desta edición.

ÚLTIMAS

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...

II Foro de Innovación Empresarial este 14 de xaneiro en Chantada

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o secretario xeral da CEL, Jaime...