HomesociedadeUnha granxa de Sober fomenta a sustentabilidade entre mozos e mozas de...

Unha granxa de Sober fomenta a sustentabilidade entre mozos e mozas de varios países

O encontro, que vai ter lugar entre os días 10 e 17 de setembro na Casa Belán, servirá tamén para coñecer o mundo rural e concienciar sobre a agricultura ecolóxica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O galego Alberto Andrade e a holandesa Alice Korsch, afincados desde hai un ano en Sober, organizan este mes de setembro un intercambio xuvenil na súa granxa para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. O encontro pretende conciencialos sobre sustentabilidade, mundo rural e agricultura ecolóxica.

Terá lugar entre os días 10 e 17 de setembro na Casa Belán, formando parte do grupo vinte mozos e mozas chegados de diversos puntos de España, Dinamarca, Georgia e Holanda, xunto con catro líderes de grupo. O obxectivo desta acción é construír un equipo de mozos e mozas comprometidos con crear un mundo máis sostible a través de accións que despois poidan ter un impacto positivo nas súas comunidades de orixe.

A iniciativa, que nace en colaboración coa Asociación Sociocultural BreGal, forma parte do Programa Erasmus Plus e conta co financiamento da Unión Europea.

COLABORACIÓN DO CONCELLO DE SOBER

O Concello de Sober vai colaborar cos promotores desta proposta, organizando, entre outras cousas, unha excursión en catamarán para que coñezan a localidade e poidan visitar os puntos máis emblemáticos da Ribeira Sacra ao seu paso pola vila. Tamén cede material municipal e instalacións públicas para que se leven a cabo os talleres.

Así, o venres día 13 organizan unha ‘Noite intercultural’ no Centro Sociocultural de Sober a partir das 21:00 horas. Os mozos levarán algo típico dos seus países de orixe (un traxe, comida, música…), unha actividade que será de portas abertas para que a xente da zona poida sumarse.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...