HomeMovementos sociaisAdegas do Saviñao en contra da instalación de parques eólicos no municipio...

Adegas do Saviñao en contra da instalación de parques eólicos no municipio e contorna

As adegas do Saviñao, Adegas Moure, Pilares de Belesar, Adega Gozo, Virxen dos Remedios e José Luis Pérez Pérez fan público, a través dun comunicado, o seu apoio á Plataforma, "Pacto Frente a Eólicos" no Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As adegas aseguran compartir as preocupacións da plataforma respecto ao impacto que a instalación de parques eólicos supón na contorna natural e nas tradicións, ademais dos prexuizos para o sector turístico. “O noso compromiso coa calidade e autenticidade dos nosos produtos vitivinícolas, vense ameazados pola posible alteración da paisaxe e das prácticas e das prácticas agrícolas que foron fundamentais para a produción de viños de calidade nesta rexión”, afirman as adegas.

Con respecto ao turismo asentado na paisaxe e nas tradicións consideran que a instalación de parques eólicos alteraría de maneira significativa os reclamos que atraen a visitantes de todo o mundo. Consideran que a modificación da paisaxe suporía unha diminución da afluencia do turismo que impactaría negativamente na viabilidade das adegas e no emprego local.

Este grupo de adegas remata insistindo en buscar solucións que respecten o desenvolvemento sostible e a protección do patrimonio. A este repecto, as adegas do Saviñao amosan a vontade de colaboración coa Plataforma, “Pacto Frente a Eólicos” no Saviñao, que asegura que instará se chega o momento, a todos os
afectados a solicitar taxacións das súas propiedades, informes de saúde
animal e saúde das personas para posibles accións legais futuras polos
danos que poidan ter como consecuencia dos parques eólicos.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...