HomeCulturaFaladoiro este 25 de setembro en Quiroga, converter unha afección nun oficio

Faladoiro este 25 de setembro en Quiroga, converter unha afección nun oficio

A cita este mércores na biblioteca do centro social ás 18:00h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pasadas as vacacións de verán o Centro Social de Quiroga retoma a actividade coñecida como Faladoiro. Trátase dunha actividade socializadora na que se propón un tema de partida e un convidado ou convidada relacionado/a co mesmo.

A sesión comeza cunha conversa entre Xosé Manuel Fernández, Concelleiro de Servizos Sociais que fai de moderador, e a persoa convidada. Tras unha pequena presentación irase coñecendo mellor ao protagonista para ir dándolle forma e sentido ao tema que se pon enriba da mesa. A xente que se achega á sesión vai intervindo e á vez que pregunta tamén ofrece o seu punto de vista e experiencia sobre o tema.

Nesta ocasión intervirá Antonio Fernández, coñecido popularmente en Quiroga como “Toño”, que converteu hai anos a súa afección de neno na súa actual profesión. De tallar madeira de cativo, pasando pola construción de xoguetes aos seus fillos, chegou anos despois a crear a súa Tenda-Obradoiro en Quiroga e comercializar os seus xogos e xoguetes artesanais. A súa marca é Enxógate e no faladoiro abordarase o converter unha afección nun oficio ou profesión.

Xornal de Lemos entrevistou a este artesán no ano 2020.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...