HomeDeportesEste martes comezan as obras da Piscina Municipal de Monforte polo que...

Este martes comezan as obras da Piscina Municipal de Monforte polo que as instalacións estarán pechadas durante un ano

Tamén desde este 1 de outubro modifícase o horario da Pista Municipal de Atletismo da Pinguela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A partir deste 1 de outubro farase parada temporal do servizo da Piscina municipal de Monforte polo inicio das obras para a súa mellora integral. A renovación total da Piscina municipal conta cun investimento de 2.047.009,42 €, participado polo Consello Superior de Deportes que concedeu unha subvención ó Concello para este fin de 644.882,94€, o que representa o 31,5% do investimento; a Deputación Provincial de Lugo, que aporta, a través dun convenio co Concello, 600.000€, o que supón o 29,3%; e o Concello, que aporta 802.126,48€, o que representa o 39,2%. As

As obras van supoñer un cambio absoluto das instalacións: a entrada, a cafetería, o ximnasio, os vestiarios ou os propios accesos interiores á piscina. Contando cunha nova imaxe externa e interna e consonancia co mellorado pavillón da Pinguela.

Futura piscina da Pinguela / Concello de Monforte de Lemos

Este anteproxecto de reforma integral da Piscina municipal de A Pinguela, “é unha actuación moi necesaria na que levamos a traballar dende fai moito tempo”, e que vai a dar servicio tanto ó club de natación do municipio, coma ós 1.883 usuarios habituais (1396 abonados e 487 participantes en cursos de natación) cos que actualmente conta esta piscina, “que é o número máis alto de abonados que tivo a piscina ata agora”.

Tamén desde este 1 de outubro modifícase o horario da Pista Municipal de Atletismo da Pinguela, que será o seguinte:

  • De luns a venres non festivos: de 9:00 a 22:00 h. en horario ininterrompido.
  • Fins de semana e festivos: a instalación abrirá exclusivamente para a actividade de clubs deportivos federados.

Pista de Atletismo Monforte / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...