HomesociedadeSó a comarca de Chantada reduce o paro no mes de setembro

Só a comarca de Chantada reduce o paro no mes de setembro

Desde a Secretaría de Acción Sindical de CCOO consideran necesario potenciar o Sector Industrial xa que nos sectores do comercio e especialmente na hostalería produciuse "unha auténtica desfeita" con moitos despedimentos como consecuencia do fin da tempada estival.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Secretaría de Acción Sindical de CC.OO LUGO valora positivamente os datos do paro na comarca de Chantada a pesar dos malos datos de Galicia, así como a nivel provincial. Paro Galicia, 120.992 (+2314), Paro provincia de Lugo, 11.883 (+409) e Paro Lugo Centro Sur, 2.602 (+50). Desde o sindicato ven no sector servizos a causa do aumento, a pesar do bo comportamento do sector educativo.

Paro Comarca de Lemos mes de setembro, 1.235 (+31):

Bóveda, 33 (-4)
Monforte de Lemos, 911 (+28)
Sober, 59 (-6)
O Saviñao, 109 (+11)
A Pobra do Brollón, 52 (=)
Pantón, 71 (-1)

Paro na Comarca de Chantada no mes de setembro, 456 (-9):

Carballedo, 52(+1)
Chantada, 331(-6)
Taboada, 72 (-4)

Paro na Comarca de Quiroga no mes de setembro, 193 (+4):

Folgoso do Couerel, 28 (+1)
Quiroga, 132 (+5)
Ribas de Sil, 33(-2)

Paro na Comarca de Sarria no mes de setembro, 719 (+24):

O Incio, 38 (+6)
Láncara, 78 (+8)
Paradela, 14 (+2)
O Páramo, 16 (=)
Samos, 23 (-2)
Sarria, 538 (+8)
Triacastela, 12 (+2)

Desde CC.OO denuncian a explotación que sofren moitos traballadores do sector Servizos, así como do Agrogandeiro traballando 10 e 12 horas ao día sen descansos e sen remuneración. Desde o Sindicato puxeron en coñecemento da autoridade laboral estes feitos “por enésima vez polo que esperamos unha actuación contundente da Inspección de traballo xa que no sector Servizos brilla pola súa ausencia a conciliación laboral e familiar. Tamén nos preocupa a precariedade de moitas traballadoras Empregadas do Fogar, xa que nos están chegando moitas denuncias deste colectivo”, conclúen desde o sindicato.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...