HomesociedadeAs rutas fluviais da Deputación acaban setembro con 54.000 viaxeiros

As rutas fluviais da Deputación acaban setembro con 54.000 viaxeiros

García Porto detallou que hai feitas preto de 4.000 reservas ata finais de ano, polo que a tempada pechará na ponte de decembro cunhas cifras que previsiblemente superarán os 60.000 viaxeiros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Finalizado o mes de setembro, 54.380 persoas percorreron as rutas fluviais da Deputación no que vai de temporada. Así o informou este venres a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, quen valorou que “son cifras para estar orgullosos, porque este servizo público é un reclamo turístico para a Ribeira Sacra e un importante revulsivo económico para a zona, o que favorece o modelo de turismo sostible, de calidade e baseado nas experiencias que defendemos desde a institución provincial”. As persoas interesadas en facer estas rutas ata a ponte de decembro poden formalizar a súa reserva na páxina web: https://reservas.rutasembalses.es/.

A temporada de verán pecha este ano con cifras lixeiramente por riba das do ano pasado, cando 51.952 persoas desfrutaron da experiencia das rutas fluviais que a institución provincial ofrece desde os embarcadoiros de Belesar e Ponte do Sil; o que supón un incremento de preto do 5%.

Entre os viaxeiros, o 78% visitaban por primeira vez a Ribeira Sacra, “polo que podemos dicir que este servizo ten moi boa consideración entre os turistas que veñen de fóra”. “Nese sentido, esta temporada detectamos un incremento do número de turistas europeos, que xa son preto do 20%, unha cifra que reflicte o crecemento da proxección internacional que vai adquirindo esta experiencia que ofrecemos”.

Segundo os datos do Servizo de Turismo da Deputación, atendendo ás enquisas de satisfacción realizadas polas persoas usuarias, os turistas que utilizan este servizo son na súa maioría, case o 80%, vén de España, dos que preto do 20% son galegos e galegas. Por comunidades autónomas: Madrid (25,5%), Galicia (18,3%), Cataluña (11,4%), Euskadi (11,3%) e Andalucía (10,5%).

Nun 55% dos casos, a ruta en catamarán é considerada a actividade principal dunha viaxe onde o 76,3% tamén visitou miradoiros, mosteiros (o 60,2% dos viaxeiros), vilas e pobos (59,4%) e adegas e ribeiras (37,5%). A duración media da estadía é de dous a tres días, e o 61,2% dos viaxeiros sinalaron que se aloxaron en establecementos de concellos da comarca, sendo o municipio máis escollido Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

José Tomé acompaña ao candidato socialista ao Senado, Roberto Castro, no inicio da campaña en Monforte

Do acto de pegada de carteis participou o candidato ao Senado, Roberto Castro, que...

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...