A presenza do Concello de Monforte neste documental, que supón unha importante acción promocional, foi froito da colaboración do Concello e a produtora que levou a cabo a rodaxe da mesma, cun investimento por parte do Concello de 3.000 euros.
Neste senso, o Alcalde salienta “que está previsto a difusión desta serie documental, e polo tanto, do capítulo onde Monforte ten o seu protagonismo, non só en La 2 de Televisión Española, senón que tamén foi xa estreada na canle especializada Bike Channel e está previsto o seu estreo en Escapa TV en novembro, na liña de autobuses de Alsa no último trimestre de 2024, así coma nas liñas de longo percorrido e AVE de RENFE ou en Only Distrib. Tamén está dispoñible na canle de youtube do Centro Sefarad Israel.” Trátase, polo tanto, dunha promoción internacional moi salientable, xa que ademais a serie permanecerá colgada na plataforma dixital de Radio Televisión Española, con difusión mundial.
(Bike Channel emite vía satélite para Europa e Oriente Medio; Escapa TV é unha televisión de pago, dispoñible en 193 operadores de TV por cable en España; Only Distrib é unha compañía francesa de distribución internacional a canles lineais e non lineais).
Esta serie documental consta de 13 episodios de 40 minutos de duración cada un. A ciclista e xornalista especializada en ciclismo, Ainara Hernando, é a encargada de conducir este “Bike Trip” por toda a península, mostrando as riquezas que os municipios teñen nos seus conxuntos medievais, cun patrimonio histórico, artístico, ambiental e cultural, herdanza das comunidades sefardíes que as habitaron, así como as actuais.