HomesociedadeXornada formativa en Monforte “Empoderamento de mulleres para a inserción social e...

Xornada formativa en Monforte “Empoderamento de mulleres para a inserción social e laboral”, o día 31 de outubro

O Concello de Monforte, a través da Concellería de Muller e Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM) organiza a celebración dunha xornada formativa titulada “Empoderamento de mulleres para a inserción social e laboral”, que servirá ademais para conmemorar o Día Internacional da Muller Rural, que se celebra no día de hoxe, 15 de outubro. Esta acción enmárcase dentro do Programa ALICIA – Activando la Igualdad.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actividade será impartida por Fundación Mujeres e terá unha duración 10 horas, será gratuíta e dirixida a mulleres en situación de desemprego, e será tanto de carácter presencial como online.

O xoves 31, de outubro, realizarase unha  primeira sesión presencial  de 9:30 a 13:30 horas no Centro Cívico Social, sobre habilidades sociolaborais para a busca de emprego na que as participantes aprenderán a potenciar as habilidades que require o mercado de traballo.

As seis horas restantes serán impartidas online, e distribuíranse en dúas sesións. Unha sesión de 3 horas, Empregando o ordenador para a búsqueda do emprego, na que aprenderán a utilizar o ordenador e Internet de maneira práctica e aplicada á actividade da busca activa de emprego. E outra sesión tamén de 3 horas, Estratexias de búsqueda de emprego en internet”, na que utilizarán as ferramentas que nos proporciona internet para adquirir estratexias na busca activa e eficaz de emprego.

Ademais as participantes poderán completar a formación con obradoiros de reforzo online sobre temáticas como a entrevista de traballo, selección de persoal, etc.

O obxectivo desta actividade, destaca o Alcalde, José Tomé Roca, “é mellorar a inserción laboral das mulleres de Monforte a través de itinerarios formativos personalizados para mellorar a súa empregabilidade, tanto por conta propia como allea, rompendo as barreiras sociais que obstaculizan a súa inserción en condicións de igualdade”. Este é un dos obxectivos do equipo de goberno, que todos os anos co gallo do Día internacional da Muller Rural, leva a cabo actuacións para mellorar a cualificación das mulleres do municipio e que adquiran habilidades que incrementen as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral.

As mulleres interesadas poderán realizar a súa inscrición presencialmente no CIM, que se localiza no Centro Cívico Social, ou ben chamando ao número de teléfono 982 416 350. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...