HomePolíticaO PP esixe o arranxo da estrada LU-P-5809 no Saviñao

O PP esixe o arranxo da estrada LU-P-5809 no Saviñao

Os deputados populares, Antonio Ameijide e Luis Fernández, comprobaron o estado no que se atopa esta vía xunto ao alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, e varios concelleiros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta estrada provincial conta cunha elevada densidade de circulación, conecta Escairón con Madredauga, “necesita dunha reparación urxente xa que ademais das fochancas que ten, hai moitos puntos nos que é moi estreita e dous vehículos teñen dificultades para pasar ao mesmo tempo”, destaca Ameijide.

Concretamente, ao seu paso pola parroquia de Santa Mariña de Rosende “vemos como o asfalto está moi danado, as fochancas son bastante grandes e nos extremos a estrada está a romperse”.

Dende o Grupo Provincial Popular ven fundamental “actuar canto antes para evitar que a situación empeore e que poida supoñer un perigo aínda maior para os condutores”; pero non sen antes “realizar correctamente os desbroces para garantir a seguridade e revisar todas as cunetas xa que hai moitos puntos nos que desapareceron e, nos que aínda son visibles, están cheas de terra e maleza”.

ÚLTIMAS

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...

O PP de Monforte reclama que a Deputación ceda os terreos da Finca de Tor a iniciativas agrogandeiras

O PP de Monforte defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción para que o...