HomesociedadeA monfortina, María Emilia Casas Baamonde, investida Doutora Honoris Causa pola Universidade...

A monfortina, María Emilia Casas Baamonde, investida Doutora Honoris Causa pola Universidade de Vigo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este venres ao acto de investidura da lucense Mª Emilia Casas Baamonde como Doutora Honoris Causa da Universidade de Vigo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto, que tivo lugar no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais deste campus, foi presidido polo Reitor Magnífico desta entidade universitaria, Manuel Joaquín Reigosa Roger, e contou coa presenza do Alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, entre outras autoridades.

Mª Emilia Casas Baamonde, nacida en Monforte de Lemos, foi a primeira muller Catedrática de Dereito do Traballo e Seguridade Social de España pola Universidade Complutense de Madrid e presidiu o Tribunal Constitucional entre o ano 2004 e o 2010. Actualmente, preside o Tribunal Administrativo de Recursos Contractuais da Deputación de Lugo (Tarclu) e é Conselleira electiva do Consello do Estado desde o 2018.

A maxistrada foi nomeada Doutora Honoris Causa por diversas universidades españolas e ao longo da súa traxectoria profesional recibiu importantes recoñecementos e condecoracións como o Premio Pelayo para Xuristas de Recoñecido Prestixio ou a Gran Cruz da Orden de San Raimundo de Peñafort.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...