Homesociedade'Xornadas lactouras' en Monforte

‘Xornadas lactouras’ en Monforte

Durante as xornadas, contarase cunha exposición de cogomelos onde os membros da asociación clasificarán e exhibirán as especies colleitadas, mostrando a diversidade de fungos que hai no sur de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Micolóxica Lactouros, cunha traxectoria de máis de 40 anos dedicados ao estudo e divulgación da micoloxía, vén de anunciar as súas Xornadas Micolóxicas, un ciclo de actividades divulgativas relacionadas co mundo dos cogomelos que terán lugar do 21 ao 23 de novembro. Concretamente para este 2024 programan dúas conferencias no Centro do Viño de Monforte de Lemos e unha saída ao campo con xantar.

PROGRAMA

Xoves 21 de novembro ás 20:00 h: Charla “Iniciación á Micoloxía”, impartida por Carlos Pérez, presidente de Lactouros. Segundo a organización, “unha introdución perfecta para quen desexa penetrarse no fascinante mundo dos fungos”.

Venres 22 de novembro ás 20:00 h: Conferencia “Do bosque á mesa: cogomelos galegos e receitas tradicionais”, a cargo do recoñecido micólogo e divulgador Luís Cuba, quen compartirá a súa experiencia na identificación e uso culinario dos cogomelos.

Sábado 23 de novembro. Saída ao monte para a identificación de cogomelos, seguida dun xantar no Restaurante Abadía San Simón, cun menú especial baseado en cogomelos de tempada. Inscrición para a comida ata o 20 de novembro a través de WhatsApp no número 671 473 982.

Ademais, en colaboración co Concello de Monforte de Lemos, a asociación continuará o seu labor educativo levando a cabo xornadas micolóxicas en centros educativos locais, co obxectivo de achegar aos máis novos ao valioso mundo dos fungos

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...