Homesociedade2 hematólogos a xornada completa para o servizo de Hematoloxía do Hospital...

2 hematólogos a xornada completa para o servizo de Hematoloxía do Hospital monfortino, demanda CSIF á Xerencia

CSIF denuncia que o Servizo de Laboratorio do Hospital conta con dúas prazas de Facultativo de Hematoxía e que desde o mes de xuño presta servizo só un facultativo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Asegura o sindicato que o facultativo en activo ten que asumir todo o traballo de hospital de día, máis o traballo laboratorial, as consultas de hematoloxía etc.. dobrando quendas varios días por semana.

Desde CSIF afirman que ata o día 19 de setembro o único apoio que se enviou por parte da Xerencia da área integrada de Lugo foi outro facultativo un día por semana. “A situación de carga de traballo que asume a profesional é insostible, atopándose desbordada pola cantidade de traballo, poderíase dicir que a facultativo fai a súa vida no Hospital creando isto unha situación de #estrés fóra do común”, sinalan.

Na visita que realizou o Conselleiro de Sanidade conxuntamente co Xerente da área de Lugo ao hospital monfortino, expúxoselles o problema de cobertura das I.T. de facultativos, cobertura de vacantes,… ao que aseguraron “ser conscientes das dificultades de cobertura de Facultativos dos hospitais comarcais e por tanto darían a cobertura necesaria para o bo funcionamento dos servizos”.

Agora a central sindical denuncia que a “realidade é ben distinta” e esixen á Xerencia que poña remedio a esta “situación de precariedade” e dote ao servizo de Hematoloxía do Hospital Público de Monforte dos reforzos de facultativos necesarios para garantir a atención necesaria aos pacientes con 2 hemotólogos a xornada completa.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...