HomeDeportesO soberino Álvaro Gómez, campión galego sub-13 de bádminton

O soberino Álvaro Gómez, campión galego sub-13 de bádminton

Ademais deste primeiro posto en individual masculino, tamén acadou o segundo na modalidade de dobres mixto. A competición foi esta pasada fin de semana en Vigo, nas instalacións do Club Escola Rosalía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Álvaro Gómez, do club Escola Rosalía de Vigo e orixinario de Sober, foi profeta na súa casa acadando o título autonómico de bádminton en individual masculino tras derrotar na final ao seu compañeiro de dobres, Xoel Álvarez (CB As Neves). A serie gañadora foi 21-12/15-21/21-19 tras un encontro no que ambos exhibiron un alto nivel de xogo con grandes puntos que fixeron vibrar á bancada e ás autoridades presentes.

O vigués, de raíces soberinas, subiría novamente ao caixón pero esta vez como segundo na modalidade de dobres mixto xunto á coruñesa, Maia Freire (San Amaro). Caeron derrotados polos nevenses, Xulia Otero e Xoel Álvarez, en 3 xogos e tras máis de 40 minutos de partido e cun tanteo de 21-10/15-21/21-16.

A competición, segundo trasladan fontes do club, contou cunha gran afluencia de público que gozou do bádminton destas promesas que darán moi boas novas en breve, nos Campionatos de España Sub 13 que se celebrará en Granollers.

ÚLTIMAS

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...

A loita contra a desinformación chega a Chantada este 14 de novembro

Este xoves, 12 de novembro, a alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia...