HomesociedadeXornada formativa “O sector bovino de carne perante o reto do cambio...

Xornada formativa “O sector bovino de carne perante o reto do cambio climático”, este 7 de novembro en Sarria

A Federación Rural Galega -FRUGA organiza este xoves, 7 de novembro, na Casa da Cultura de Sarria a xornada formativa “O sector bovino de carne perante o reto do cambio climático” para abordar co sector o escenario que debuxa o marco europeo en relación co sustentabilidade e a rendibilidade das producións agrarias e gandeiras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada, que conta co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, pretende enfocar desde unha perspectiva local, e coa participación dos gandeiros e gandeiras da comarca e do resto da provincia, as cuestións que pon sobre a mesa o coñecido como “Diálogo Estratéxico sobre o futuro da agricultura da Unión Europea”,  que sinala como principais retos o futuro do sistema alimentar europeo, a incorporación da tecnoloxía e da innovación e a preservación dos límites da natureza.

A participación na xornada é aberta e desenvolverase co seguinte programa:

  • De 10:00 a 10:20h, Chegada, recepción participantes e presentación
  • De 10:30 a 11.30h, Palestra: O papel do Consello Regulador de Vitela Galega
  • De 11.30 a 12:30h, Palestra: Como abordar os retos da sanidade animal no contexto da mudanza climática
  • De 12:30 a 13:00, Palestra: Modelo produtivo para as explotacións extensivas de bovino de carne

Esta accion formativa terá continuidade o 17 de novembro en Chantada, cunha xoranda dedicada ao sector vitícola na Ribeira Sacra na que se analizará a crise de produción, comercialización e consumo, a aplicación de produtos fitosanitarios e a súa influencia sobre o entorno social e medioambiental e o papel dos consellos reguladores.

ÚLTIMAS

Carude festexa o ‘Octoberfest’

En Carude son moi amigos e amigas da festa e calquera escusa é boa...

Sober fórmase na elaboración artesanal de vermús, licores, augardentes e bebidas espirituosas

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL),...

Veciñanza Fronte o Odio promove un encontro este xoves, 15 de outubro, no centro cívico de Monforte

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio organiza este xoves, 15 de outubro, unha palestra...

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...