Os días 3, 4 e 5 de outubro de 2025, dentro de 11 meses, 16 seleccións autonómicas disputarán en Monforte de Lemos o título de Campioa de España. En concreto, as seleccións participantes serán: Castela e León, Galicia, Asturias, Baleares, Andalucía, Cantabria, Castela A Mancha, Navarra, Canarias, Aragón, A Rioxa, País Vasco, Madrid, Comunidade Valenciana, Murcia e Estremadura. Son seleccións de 4 xogadores, máis un capitán e un adestrador, polo serán arredor de 100 os deportistas participantes, os que haberá que engadir familiares e amigos.
Ó igual que ocorreu co Campionato de España individual masculino de Pitch&Putt, que se celebrou no pasado mes de maio en Monforte, e que foi todo un éxito, a cidade novamente volverá a contar en outubro de 2025 cos mellores golfistas do país nesta disciplina, o cal terá unha repercusión deportiva importante.
O Campionato xerará un importante impacto no noso sector hoteleiro e de restauración, “unha ocasión excepcional para dar a coñecer o valor turístico, patrimonial e gastronómico da nosa zona. Sen dúbida, será un bo reclamo promocional para todo o sur da nosa provincia”, concluíu José Tomé.
Pola súa banda, o presidente do Club de Golf Río Cabe, José Ángel Pérez Reñones, agradeceu o apoio do Concello, e puxo en valor o traballo levado a cabo polo Alcalde hai uns anos que “permitiu a ampliación do campo a 18 foxos, o cal nos permite albergar esta competición que é de máximo nivel, e que fai que a Federación Española de Golf aposte por Monforte, con 3 competicións nacionais en 4 anos”.
Campionato
O hotel de concentración das Seleccións será o Parador de Turismo de Monforte de Lemos, que xa foi totalmente bloqueado para esa primeira fin de semana de outubro de 2025.
O venres, 3 de outubro, realizarase a xornada de adestramentos oficiais e ás 20:00 h terá lugar a reunión de capitáns no hotel de concentración. Posteriormente, ás 21:30 h o Parador de Monforte aloxará a cea oficial de benvida e a presentación dos 16 equipos.
O sábado, 4 de outubro, disputaranse dous roldas eliminatorias: Cuartos de final e semifinais. O domingo, 5 de outubro, xogaranse as roldas de consolación e as Finais. A continuación no campo de Río Cabe será a cerimonia de entrega de premios.