HomeTerra de LemosMonforteFalece a 'avoa' de Galicia con 111 anos en Monforte

Falece a ‘avoa’ de Galicia con 111 anos en Monforte

Publicado o

- Advertisement -

A ‘avoa’ de Galicia, Genoveva Rodríguez Otero, faleceu aos 111 anos de idade en Monforte de Lemos. Era a muller máis lonxeva da comunidade desde que o pintor Luís Torras morreu en Vigo o pasado mes de xaneiro, á mesma idade.

Genoveva Rodríguez faleceu na pasada xornada e José Tomé, alcalde da localidade, trasladou á súa familia “as súas máis sinceras e emotivas condolencias nestes duros momentos”, en nome da Corporación Municipal e de todos os monfortinos e monfortinas.

Fíxoo nun comunicado no que se indica que a falecida era veciña do número 31 do Campo de San Antonio e viúva de Francisco González.

A condución dos seus restos mortais terá lugar este mércores 13 de novembro ás 16.45 horas desde o Tanatorio Raúl ata a igrexa parroquial de San Antonio, onde terá lugar o funeral, tras o que será incinerada na intimidade familiar.

Nacera o 1 de xaneiro de 1913, polo que no arranque do próximo ano cumpriría 112 de vida.

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...

Alumnado do CEIP Eduardo Cela Vila pregoou a XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

A través dunha lectura coral, o alumnado do centro pronunciou o seu discurso baixo...

Esperta Monforte esixirá no pleno deste 28 de setembro que se remate o enlace entre o Porto Seco e a N-120

Na moción que presenta Esperta Monforte sinalan que a Cidade do Cabe ten un...