HomeCulturaSoños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Cita co teatro este xoves, 21 de novembro, ás 20:15h no Edificio Multiusos cunha nova obra da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da compañía Arte Feito, unha peza dirixida por Támara Canosa, escrita por Fernando Epelde e representada por Victoria Pérez, Anxo Outumuro e Sara Ferro. Un gran equipo de profesionais para realizar a primeira obra que aborda a realidade da mocidade en risco de exclusión cunha posta en escena chamativa e un estilo cru e directo.

A obra está creada pola unión de Arte Feito con Igaxes, entidade especializada no traballo con menores en risco de exclusión, e con Culturactiva. Obra para público adulto, cun prezo de 5€ a entrada xeral e de 3€ para estudantes, desempregados e xubilados. Pola mañá, as 12:30 horas, a obra será interpretada para alumnos e alumnas de Bacharelato dos centros educativos de Monforte.

Soños é a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada dun xeito integral. Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente, pero tamén cunha gran forza social. Unha ficción moi realista e con moito ritmo que nace do contacto directo do autor e directora con mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario.

A seguinte obra do ciclo de teatro programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte, esta vez dirixida a todos os públicos, será Os Outros de Teatreiras-Monforte, que terá lugar o sábado, 30 de novembro, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, ás 20:00 horas, sendo a entrada gratuíta. Esta peza está integrada no Circuíto de Teatro Afeccionado da área de cultura da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...

A loita contra a desinformación chega a Chantada este 14 de novembro

Este xoves, 12 de novembro, a alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia...