HomePolíticaO PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

A vía permanece pechada dende fai 2 anos cando o prazo previsto polo Goberno para o remate das obras era de 8 meses; ademais os populares aseguran que, “o propio Ministro recoñeceu que non prevé a recuperación do servizo da liña entre Ourense e Lugo ata finais do 2026”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados do PP lucense amosan “a súa preocupación ante os problemas detectados durante as probas para a apertura parcial da vía entre Ourense e Monforte de Lemos”, anunciada para o vindeiro 26 deste mes e só para o Alvia que conecta Galicia con Barcelona.

Así mesmo, inciden na “falta de planificación e xestión do Goberno de Pedro Sánchez”, segundo manifesta o deputado monfortino, Francisco Conde, á vista do illamento de catro vivendas en Pantón que quedaron sen o seu acceso principal polas obras da vía ou dos problemas na sinalización eléctrica, as unións sen soldar ou os incidentes coa catenaria que “evidencian a situación de total provisionalidade”.

Os populares esixen ao Goberno de España que “garanta unhas comunicacións ferroviarias seguras para os usuarios e traballadores” de cara á reapertura da vía, aínda que sexa parcial, ante os “importantes incidentes rexistrados durante as probas”.

Conde incide en que “a acumulación de atrasos e a falta de investimentos lastran a actividade económica da nosa provincia toda vez que sufrimos a desconexión en infraestruturas de comunicación. Neste caso, en materia ferroviaria e, concretamente, no que se refire á alta velocidade”.

De feito, “mentres que o Ministro anuncia trens a 200km/h para conectar Lugo coa alta velocidade en Ourense sen concretar ningún tipo de prazo, os técnicos advirten que coas obras actuais de modernización da liña -que o propio Ministro non prevé rematar ata finais de 2026- a redución do tempo da viaxe será pouco significativa”, recordan os populares.

Para o Partido Popular “a conexión da provincia de Lugo coa Alta Velocidade segue sendo una prioridade e seguiremos traballando desde todas as institucións para que o Goberno cumpra cos seus compromisos e lle dea continuidade aos investimentos necesarios para garantir o seu desenvolvemento”.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...