HomeCulturaÚltimos días da exposición dos debuxos “O Paso do Noroeste” no IES...

Últimos días da exposición dos debuxos “O Paso do Noroeste” no IES de Quiroga

Con motivo da recente publicación da adaptación a banda deseñada da novela de Xavier Queipo “O paso do noroeste”, o autor dos debuxos, Primitivo Marcos, presenta unha exposición itinerante. Unha mostra que, cun carácter divulgativo e pedagóxico, achega o proceso creativo dun cómic a un público non afeito a valorar o traballo de creación que sempre se agacha detrás da tarefa de contar unha historia en imaxes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Instituto de Educación Secundaria de Quiroga acolle ata o 26 de novembro, a iniciativa das Concellerías de Educación e de Normalización Lingüística do Concello de Quiroga, e co patrocinio e financiamento da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, unha exposición do proceso creativo dun cómic.

A actividade consta de dúas partes: unha mostra ou exposición de orixinais con información do proceso creativo dun cómic, e unha charla final sobre ilustración.

A exposición atópase no vestíbulo do centro educativo, podendo ser visitado en horario escolar, tanto polo alumnado e mestres como por familias principalmente, pero tamén por aquelas persoas que teñan interese na mostra sendo alleos á comunidade educativa.

A mostra, que visitaba o concelleiro de Normalización Lingüística, Xosé Manuel Fernández; xunto co director do IES de Quiroga, Fabio Mascareñas; e o autor autor dos debuxos, Primitivo Marcos; está composta por paneis explicativos do proceso creativo e cos debuxo orixinais das diferentes etapas da creación.

Como colofón a esta actividade o ilustrador, Primitivo Marcos, ofrecerá unha charla no salón de actos do IES de Quiroga o 27 de novembro en horario de 12:50 a 14:30 h. para o alumnado de 1º da ESO.  A charla versará sobre ilustración e tamén sobre Castelao como figura emblemática neste eido en Galicia. 

Exposición de debuxos “O Paso do Noroeste” / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...