HomeTerra de LemosMonforteMonforte terá unha nova senda circular urbana por convenio entre o Concello...

Monforte terá unha nova senda circular urbana por convenio entre o Concello e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil

A previsión é que a redacción do proxecto realícese ao longo do 2025 e que se desenvolva todo o proceso construtivo desde o 2026 ata o 2028. O convenio contempla un investimento de 4,1 millóns de euros, dos cales o 80 % correrá a cargo da CHMS.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé, asinou este mércores un convenio co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, para construír máis de catro quilómetros de senda circular urbana nas marxes dos regatos das Malloadas, Penela e Zapardiel. Un investimento de 4,1 millóns de euros que suporá “un antes e un despois” e cuxa obra ten compoñentes de mellora de carácter “urbanístico, ambiental, de saneamento e de lecer”.

Neste sentido, o rexedor destacou a importancia desta “nova gran obra” para a trama urbanística da cidade debido ao investimento que prevé o convenio, máis de 4,1 millóns de euros dos que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil achega o 80% e o Concello de Monforte o 20% restante.

Segundo explicou o Concello nunha nota de prensa, este orzamento incluirá a redacción do proxecto, a licitación e a execución das obras. A previsión é que a redacción do proxecto realícese ao longo do 2025 e que se desenvolva todo o proceso construtivo desde o 2026 ata o 2028.

Así mesmo, o rexedor asegurou que esta senda “vai abrazar Monforte, vai facer un cinto ao redor da cidade, pondo en valor ese tres arroios que desde sempre estiveron abandonados e que se van a introducir na trama urbana”.

“Ademais desta senda peonil, o convenio ten unha enorme relevancia desde o punto de vista do saneamento, pois solucionará a entrada de auga de choiva ou do regadío que, desde o arroio das Malloadas, satura o colector de saneamento situado debaixo da Compañía”, defendeu.

Con todo, subliñou que o proxecto articula varias cousas, xa que porá a disposición dos monfortinos un paseo de catro quilómetros para peóns e bicicletas, porque vai asacar dos arroios o saneamento, porque o novo saneamento irá por baixo da senda e porque fará a zona “moito máis urbana”.

ÚLTIMAS

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...

A loita contra a desinformación chega a Chantada este 14 de novembro

Este xoves, 12 de novembro, a alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia...